Page 20 - Matemáticas para bacharelato de adultos
P. 20

20
                                                                                               5. Funcións e gráficas
                               Prácticas


                                Usando Graphe Easy                 Gráfica reelaborada para imprimir
























          Para a imaxe reelaborada tívose en conta que o tamaño da cuadrícula na que vai ir a gráfica que, como se indicou, ten 70 mm
          de ancho, o mesmo que no casos anteriores; a imaxe acabada ten un ancho de  67  mm para deixar un espazo adecuado entre a
          imaxe e o recadro no que se inserta.
          Vexamos someramente o tratamento que se lle fixo á copia vectorial obtida dalgunha das gráficas anteriores (non da feita con
          TI-nspire CX CAS).
          —  Redimensionouse para ocupar un espazo duns  67  mm de ancho.
          —  Desagrupáronse todos os elementos da gráfica, para poder tratalos individualmente.
          —  Reduciuse o número de nodos que tiña a alínea curva que representa cada función.
          —  Modificóuselle o grosor as liñas das gráficas (ten 1 punto) e os eixes (tamén 1 punto).
          —  Cambióuselle a cor de cada función e os eixes rematáronse con frechas indicativas da parte positiva.
          —  Engadiuse a definición de cada función, e púxoselles a mesma cor ca gráfica que a representa para facilitar a identifica-
              ción. As características e o tamaño do texto base das definicións das funcións postas na gráfica é o mesmo que se usou no
              enunciado do exemplo .
          —  Cada unha das definicións das funcións rotáronse para poñer cada unha delas no sitio que mellor parece pretendendo que
              quede a carón da gráfica que a representa, e non se ocupe un espazo innecesario.
          —  Puxéronse as escalas nos eixes, que se tomaron dende  5.9−   ata  5.9 . Os valores das escalas están escritos en letra Times
              New Roman de 10 puntos, que é a mesma coa que se está elaborando este escrito.
              Aquí hai que observar que os valores negativos que se amosan  -1,  -2 , … teñen o signo  -  característico de texto e non de
              expresión matemática, que sería  1− ,  2− ,  3− , … Isto poderíamos facelo utilizando o signo  −  (guión ene), e non o fixe-
              mos para non “desequilibrar” a presentación dos datos nos eixes, dado que dificilmente caberían nese espazo. Tamén se
              podería escribir menos valores (só  2−  e  4− ), co que si caberían, pero optamos polo uso do guión literal  -  en vez do me-
              nos matemático  − .
          —  A imaxe así obtida exportouse a formato JPG, con formato de color CMYK (que é o que se usa para a impresión a cor), e
              cunha resolución de 600 ppp, que é resolución máis adecuada para a meirande parte das impresoras láser a cor que se
              usan na actualidade; nun futuro, como a imaxe está en formato vectorial, se as máquinas permiten unha mellor resolución,
              só haberá que abrir de novo o ficheiro en formato CorelDraw e repetir a exportación ao formato máis adecuado nese mo-
              mento, importalo de novo no documento, e o documento así modificado xa estará nas condicións máis indicadas para os
              novos medios de impresión.
          5.2. Gráficas de funcións e relacións
          Temos visto que unha función é un conxunto de pares ordenados tales que ningunha delas ten o mesmo número como primeiro
          elemento. Así,
                                           A =  1,2   ) ( ) (   ) (5,10 ,  )
                                                                       ) (6,12
                                               ( ) ( , 2,4 , 3,6 , 4,8 ,
          é unha función.
          Se un conxunto de pares ordenados de números ten elementos con dous ou máis parellas co mesmo primeiro elemento, entón
          dise que a asociación é unha relación que non é unha función. Así
                                       B =  1,1 , 1,2 , 3,1  ) (3,3 ,  ) (5,3 ,  )
                                                                            ) (5,4
                                           ( ) ( ) ( ) ( , 3,2 ,
                                                                  ) (5,2 ,
          é unha relación que non é unha función.
   15   16   17   18   19   20   21   22   23   24   25