Page 19 - Matemáticas para bacharelato de adultos
P. 19

19
          Repaso de Funcións
                                                                                     Prácticas




















          Como é de esperar, neste modelo de calculadoras tamén se pode modificar a forma de visualizar as gráficas, o zoom, o formato
          da táboa de valores, a orixe da mesma, o paso, … O feito aquí coa calculadora pode facerse tamén co software de matemáticas
          TI-nspire CAS, e ter unha visualización máis ampla e mellor, pero co custo de ter que usar un ordenador. Pode imprimirse a
          imaxe, copiarse ou exportarse.
          As gráficas así obtidas son ilustrativas e vense aceptablemente no monitor, pero para elaborar documentación escrita carecen
          de calidade: é unha representación gráfica “pobre”.
          Para mellorar a calidade da representación gráfica pode utilizarse o programa de graficación gratuito (e antiguo) Winplot, da
          serie Peanut; os programas da serie Peanut son programas que necesitan moi poucos recursos para funcionar, non necesitan
          instalación, … Tamén poden usarse os programas gratuítos Graph e Graphmatica.
          As capturas de pantalla que ofrecen os programas anteriores, ou a impresión directa das gráficas que producen, tamén son de
          pouca calidade para a elaboración dunha documentación escrita.
          Para mellorar a calidade pode usarse —xunto cos programas antes citados— o software comercial “CorelDraw”, e, despois de
          elaborar as gráficas, copialas no portapapeis e pegalas nunha folla de CorelDraw. Neste software xeral de deseño gráfico poden
          traballarse as gráficas ata darlles o formato desexado, —sen modificar a proporción  alto ancho  das gráficas—, podendo tratar
          (modificar cor, ancho, reducir o número de nodos, …) a gráfica de cada función individualmente, os eixes de coordenadas,
          engadir textos, fórmulas matemáticas, outras ilustracións, sombras, transparencias, … e, en xeral, todo o que ese software per-
          mite facer.
          No que segue imos reproducir as anteriores gráficas do exemplo 34 co resultado obtido directamente dos programas anterior-
          mente citados, e como se ven esas mesmas gráficas despois de reelaboralas usando o CorelDraw, ou calquera outro programa
          de deseño gráfico que traballe en formato vectorial. Imos poñer as gráficas nunhas celas de  70  mm de ancho.

                              Usando TI-nspire CX CAS                      Usando Graph



















                                Usando Graphmatica                        Usando WinPlot
   14   15   16   17   18   19   20   21   22   23   24