Page 13 - Matemáticas para bacharelato de adultos
P. 13

13
          Capítulo I
                                                                                     Prácticas



             Os datos organizados en clases, como na anterior distribución de frecuencias, chámanse datos agrupados.
               •    O proceso de agrupamento destrúe, en xeral, detalles dos datos iniciais, pero é moi vantaxosa a visión nítida que
                    se obtén dela.
          7.4. Intervalos de clase, límites de clase, fronteiras de clase
             •     O símbolo que define unha clase, como o 60–62 do exemplo 16, chámase intervalo de clase.
               •    Os números dos extremos (60 e 62 no exemplo 16), chámanse límite inferior da clase (60) e límite superior da
                    clase (62).
               •    Con frecuencia intercámbianse os termos clase e intervalo de clase, aínda que o intervalo de clase é un símbolo
                    para a clase.
          Se se dan os pesos coa precisión de 1 kg, o intervalo de clase 60–62 inclúe, teoricamente, todos os pesos dende o 59.5000 ao
          62.5000.
             Estes números, indicados máis brevemente polos números 59.5 e 62.5 chámanse fronteiras de clase ou verdadeiros
               límites de clase. O menor (59.5) é a fronteira inferior e o maior (62.5) é a fronteira superior.
               •    Na práctica, as fronteiras de clase obtéñense promediando o límite superior dunha clase coa inferior da seguinte.
          As veces empréganse as fronteiras de clase como símbolos para a clase. Así as clases da primeira columna do exemplo 16 ta-
                                             −
                                  −
          mén se poden indicar por  59.5 62.5,  62.5 65.5, … Para evitar ambigüidades na notación, as fronteiras non deben coincidir
          con valores realmente medidos, de xeito que se unha observación dera 62.5 non sería posible decidir se pertence ao intervalo
                            −
              −
          59.5 62.5 ou ao  62.5 65.5.
          7.5. Tamaño ou anchura dun intervalo de clase
             O tamaño ou anchura dun intervalo de clase é a diferenza entre as fronteiras de clase superior e inferior.
               •    Se tódolos intervalos de clase dunha distribución de frecuencias teñen a mesma anchura, denotarémola por  c .
                    Neste caso,  c  é igual á diferenza entre os límites inferiores (ou superiores) de clases sucesivas.

          17. Para os datos da táboa do exemplo 16, a anchura dos intervalos de clase é  c =  62.5 59.5  =  65.5 62.5 =  =  3 .
                                                                                −
                                                                                           −
             •     Un intervalo de clase que, ao menos en teoría, carece de límite superior ou inferior indicado, chámase intervalo de
                    clase aberto.
          18. Por exemplo, nos datos do padrón municipal por grupos quinquenais que ofrece o INE, a expresión «100 anos ou máis» é
          un intervalo aberto.
               Salarios     Nº emp.                                                        Salarios     Nº emp.
                                    19. As táboas adxuntas amosan a distribución de frecuen-
                 −
                                                                                             −
           250.00 259.99  €    8    cias dos salarios semanais de 70 traballadores dunha empre-  250.00 259.99  €   8
                 −
                                                                                             −
           260.00 269.99  €   10    sa.                                                260.00 269.99  €   10
                                                                                             −
                 −
           270.00 279.99  €   16    Na táboa da esquerda vese unha distribución de frecuencias,    270.00 279.99  €   16
                                    co mesmo tamaño de intervalos de clase; nela hai demasiadas
                 −
                                                                                             −
           280.00 289.99  €   15    clases baldeiras e a información é máis detallada na parte su-  280.00 289.99  €   15
                                                                                             −
                 −
           290.00 299.99  €   10    perior da escala de salarios.                      290.00 299.99  €   10
                                                                                             −
                 −
           300.00 309.99  €    5    Na táboa da dereita evitáronse as clases baldeiras e os deta-  300.00 309.99  €   5
                                    lles finos co uso do intervalo aberto 320.00  e máis €.
                 −
                                                                                             −
           310.00 319.99  €    3                                                       310.00 319.99  €    3
                 −
           320.00 329.99  €   0     Unha desvantaxe do uso desta táboa (cun intervalo aberto) é   320.00 e máis  €    3
                                    que non serve para efectuar certos cálculos, por exemplo, de-
                 −
           330.00 339.99  €    1    terminar a cantidade total pagada na semana, porque a 320.00
                 −
           340.00 349.99  €   0     e máis  € pode significar que hai individuos que cobran 1000
                                    €, 5000 €, … á semana, e non temos datos para poder sabelo.
                 −
           350.00 359.99  €    1
                 −
           360.00 369.99  €   0
                 −
           370.00 379.99  €    1
          7.6. Marca de clase
             A marca de clase é o punto medio de cada intervalo de clase, e obtense promediando os límites inferior e superior.
               •    A marca de clase tamén recibe o nome de punto medio da clase.
                                                                                +
                                                                              60 62
          20. Para os datos da táboa do exemplo 16, a marcas de clase do intervalo  60 62−   é   =  61 .
                                                                                2
   8   9   10   11   12   13   14   15   16   17   18