Page 8 - Matemáticas para bacharelato de adultos
P. 8

8
                                                                                           2. Aplicacións da estatística
                               Prácticas


          Na vida diaria, tanto no aspecto profesional como persoal, observamos as situacións que acontecen, obtemos información por
          diversos medios: xornais, libros, internet, experimentación, relacións persoais, opinións profesionais, … Destes datos obtemos
          experiencia, que nos vai a servir para coñecer os distintos aspectos da realidade. Ademais, normalmente usamos esta informa-
          ción para decidir a forma razoable de actuar no futuro. Por este motivo a estatística é a nosa gran aliada en todas as situacións
          humanas, posto que é a ciencia cuxo obxectivo é reunir unha información cuantitativa ou cualitativa referente a individuos,
          grupos, series de feitos, … Analizar os datos obtidos e deducir, a partir desta análise e mediante técnicas propias, conclusións
          xerais ou previsións para o futuro cun certo grao de incerteza.
          A estatística é unha potente auxiliar para o estudo das ciencias e outras actividades humanas. Tamén é unha ferramenta indis-
          pensable para tomar decisións, en especial cando estas decisións afectan a situacións con compoñentes aleatorias, é dicir que
          non sabemos exactamente como van desenvolverse, o que ocorre na maioría das situacións reais: as ciencias que estudan os
          distintos aspectos da vida humana: socioloxía, psicoloxía, demografía, medicamentos, … caracterízanse porque as medidas
          obtidas en distintos individuos varían duns a outros. A Natureza caracterízase pola variabilidade máis que pola uniformidade.
          Por este motivo son “as leis do azar” que rexen a natureza son obxecto de estudo nestas ciencias e a estatística é o instrumento
          matemático adecuado para analizar datos de fenómenos que presentan variabilidade. Non é posible estudar a variabilidade cun
          só dato ou individuo. Por iso as conclusións estatísticas afectan ao grupo en estudo, pero a información que afecta ao individuo
          non é segura, senón que se mide en termos de probabilidade.
          As predicións estatísticas, dificilmente fan referencia a sucesos concretos, pero describen, con considerable precisión, o com-
          portamento global de grandes conxuntos de sucesos particulares. Son predicións que, en xeral, non van servir a un individuo
          particular para saber se vai sufrir un accidente de tráfico ou vai atopar traballo, pero poderá usar os estudos estatísticos como
          unha axuda para tomar as súas propias decisións. O tipo de información útil que se pode esperar da estatística podería consis-
          tir, por exemplo, en estimacións fiables sobre o perigo de certos tramos de estrada, do número total de accidentes de tráfico así
          como do próximo valor da taxa de desemprego referido ao conxunto da poboación.
          2. APLICACIÓNS DA ESTATÍSTICA
          Unha das utilidades tradicionais da estatística é dar servizo aos estados. A Estatística inflúe nas decisións dos gobernos e as
          administracións estatais. Coas súas técnicas, os estados poden conseguir un coñecemento claro da poboación coa que conta,
          permitíndolle, por exemplo, establecer a súa política fiscal. En relación con este feito o estado organiza numerosas enquisas
          para o coñecemento da poboación como, por exemplo, o Censo de poboación. En España, como noutros países, realízanse nu-
          merosas enquisas a nivel nacional: a enquisa de poboación activa (EPA), a enquisa de orzamentos familiares, as enquisas do
          CIS, …
          A práctica do reconto da poboación e dalgunhas características desta polos Estados é moi antiga (os faraóns exipcios lograron
          recompilar, cara ao ano 3050 antes de Cristo, moitos datos sobre a poboación e a riqueza do seu país). En concreto, a palabra
          estatística deriva da palabra estado.
          A Estatística colabora no coñecemento das necesidades da sociedade, permitindo planificar os servizos sociais desta, como os
          hospitais, as subvencións, as necesidades asistenciais, … Para estudar estas necesidades sociais normalmente recórrese a en-
          quisas, xa que investigar a toda a poboación sería lento e caro. As técnicas estatísticas de mostraxe, permiten obter mostras
          válidas para que as conclusións sexan extrapolabeis a toda a poboación.
          •   As técnicas de investigación de mercados permiten planificar a produción e saber se un produto novo, ou un novo centro
              comercial vai ser viable economicamente, estudando o numero de persoas que prefiren ese tipo de produtos ou estarían
              gustosos de comprar neste tipo de establecementos. Tamén se pode coñecer a audiencia en televisión e radio, para ver o
              impacto esperado das campañas publicitarias.
          •   En menciña emprégase a estatística para seleccionar, entre un conxunto de tratamentos para unha enfermidade, o mellor
              posible.
          •   Co estudo das series temporais pódese ter unha mellor comprensión do comportamento aleatorio dos fenómenos meteo-
              rolóxicos que poden axudar na previsión do tempo, facer prognósticos sobre o comportamento en bolsa de certas accións,
              das flutuacións das vendas, ….
          •   En canto á industria, o control de calidade permite seguir a calidade dun produto en todas as fases da cadea de produción
              dentro da fábrica, tomando decisións correctivas se procede. Isto permite conseguir un produto, non só de mellor calida-
              de, senón ata máis barato. Tamén é moi útil na industria os estudos estatísticos sobre a duración sen fallos dos produtos
              unha vez que están sendo usados polo consumidor, para o que se empregan as técnicas estatísticas de fiabilidade, que per-
              miten, entre outras cousas, establecer os períodos ofertados de garantía para o produto, avaliando o custo total esperado
              para a fábrica por este concepto. Así mesmo, en Agricultura aplícanse técnicas estatísticas para estimar os rendementos
              obtidos nunha colleita, ou seleccionar que produto será máis rendible economicamente no mercado.
          •   A Estatística é na actualidade unha ferramenta auxiliar para todas as ramas do saber.
          En xeral, pode dicirse que a estatística estuda os métodos científicos para recoller, organizar, resumir e analizar datos, así como
          para sacar conclusións válidas e tomar decisión razoables baseadas en tal análise.

          3. POBOACIÓN E MOSTRA. ESTATÍSTICA INDUTIVA E DESCRITIVA
          Damos, en primeiro lugar, algunhas definicións básicas de interese xeral que nos axudarán na clasificación dos tipos de datos
          que se nos presenten.
   3   4   5   6   7   8   9   10   11   12   13