Page 12 - Matemáticas para bacharelato de adultos
P. 12

12
                                                                             7. Distribución de frecuencias unidimensionais
                               Prácticas


          7.1. Filas de datos e ordenacións
             •     Unha táboa de tipo I ou fila de datos consiste na colección de datos recollidos que non foron organizados numeri-
                    camente.
               •    Unha ordenación é un conxunto de datos numéricos en orde crecente ou decrecente. A diferenza entre o maior e o
                    menor chámase rango dese conxunto de datos.

          14. Os pesos de 100 alumnos ordenados alfabeticamente é unha fila de datos.
                                                                                                        =
                                                                                                    −
          Se eses pesos están ordenados de menor a maior, e o maior peso é de 74 kg e o menor de 60, entón o rango é  74 60 14  kg.
          7.2. Frecuencias absolutas e relativas
             Chamamos frecuencia absoluta ao número de veces que se presenta cada valor da variable. Designámola por  f .
                                                                                                         i
               •    A frecuencia relativa é o cociente entre a frecuencia absoluta e o número total  n  de observacións.
                    Designámola por  h :  h =  f i  .
                                   i  i    n

          15. As puntuacións obtidas en matemáticas polos 50   1   5   4   3    8     7    5     3     2    0
          alumnos dunha clase son as da táboa adxunta.   9     8     1    2     0     1    3     2     8    6
          Estuda os datos, obtendo a táboa de frecuencias absolu-  4   7   2   4   5   4   7    10     3    6
          tas e relativas.                               6     3     9    7     3     1    4     5     7    10
          Solución:                                      5    10     8    6     2     5    0     2     9    5
          É unha distribución de variable discreta, xa que os valores que pode tomar a variable  x  son 0, 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10. Para
                                                                               i
          coñecer a frecuencia absoluta, construímos unha táboa para facer o reconto, onde na primeira columna figuran os valores que
          toma a variable e a continuación outra columna, chamada de reconto, onde se van anotando as veces que aparece cada valor
          para despois sumar ditos valores e obter a columna de frecuencias absolutas.
                                                  Frecuencia
                              Valor     Reconto                               Valor   f    h
                                                   absoluta                           i     i
                                0          |||        3                         0     3   0.06
                                1          ||||       4                         1     4   0.08
                                2         |||| |      6                         2     6   0.12
                                3         |||| |      6                         3     6   0.12
                                4          ||||       5             →           4     5   0.10
                                5         |||| ||     7                         5     7   0.14
                                6          ||||       4                         6     4   0.08
                                7          ||||       5                         7     5   0.10
                                8          ||||       4                         8     4   0.08
                                9          |||        3                         9     3   0.06
                               10          |||        3                        10     3   0.06
                                                      50                             50    1
          7.3. Distribucións de frecuencias
             Ao resumir grandes coleccións de datos é útil distribuílos en clases ou categorías, e determinar o número de individuos
               que pertencen a cada clase, chamado frecuencia da clase.
               •    Unha disposición tabular dos datos por clases, xunto coas correspondentes frecuencias de clase, chámase distribu-
                    ción de frecuencias (ou táboa de frecuencias).

          16. Na seguinte táboa amósanse os pesos de 100 estudantes das escolas deportivas de Betanzos:
              Peso (en Kg)    Número de estudantes   A primeira clase (ou categoría) consta dos pesos entre 60 e 62 kg, e indícase
                60–62                     5       polo rango 60–62. Como hai 5 estudantes nesta clase, a correspondente fre-
                63–65                    18       cuencia de clase é 5.
                66–68                    42
                69–71                    27
                72–74                     8
                                   Total 100
   7   8   9   10   11   12   13   14   15   16   17