Page 18 - Matemáticas para bacharelato de adultos
P. 18

18
                                                                                          8. Representacións gráficas
                               Prácticas


          8.4. Pictogramas
             Os pictogramas son representacións gráficas mediante iconas ou debuxos, máis ou menos inxenuos, alusios a caracte-
               rística estatística estudada.
               •    O seu tamaño, ou o número de pictogramas, é proporcional á frecuencia relativa ou absoluta.
               •    Solen ser pouco (moi pouco) precisos e son moi utilizados pola prensa.
               •    Son moi facilmente manipulables.

          31. Segundo o IGE (Instituto Galego de Estatística), no ano 2005 foron dados
          de alta despois de estar queixados por problemas dixestivos, en Galicia, 19595
          homes e 14260  mulleres.
          Isto pode representarse mediante pictogramas como se ve na figura adxunta.

          Como se ve, o anaco de home ou muller é aproximado. Outro pictograma clásico para este mesmo problema é o que se ve na
          seguinte figura.
          Erros?  no pictograma anterior en ningún sitio se indicou que cada icona hai que multiplicala por 1000  para aproximarse aos
              datos, e este é un erro bastante frecuente.
          Nas imaxes da dereita o que se valora realmente é a altura, pero destacan visual-
          mente ademais de polo alto polo gordo das figuras: a figura do home ampliouse
          a escala para acadar a altura que representa 19595, e ao ampliar o alto tamén se
          ampliou o ancho, co que a “superficie” que aparenta é superior á que debería
          ofrecer pola diferenza dos valores numéricos que representan. Se se fixera do
          mesmo grosor sería esteticamente desproporcionada.
          Se non se puxeran escalas ou só se marcaran as alturas a información sería bas-
          tante escasa.
          Erros?  hai que observar que en ningún sitio do pictograma se indica que os va-
              lores da escala hai que multiplicalos por 1000 . Este erro é bastante fre-
              cuente na prensa.





          8.5. Cartogramas

             Son mapas coloreados en distintos tonos ou cores cuns cadros na marxe que indican o seu significado.
               •    Empréganse moito para representar densidades de poboación por concellos, niveis de riqueza por provincia, …
               •    O INE (Instituto Nacional de Estatística) ofrece o software gratuíto (PX–Map para o uso con mapas e datos que
                    elabora o propio INE).


          32. O exemplo adxunto recolle a poboación dos concellos da provincia
          de A Coruña, con datos recollidos  do padrón municipal  actualizado a 1
          de xaneiro de 2006.
          A realización manual de cartogramas é moi traballoso, polo que, en au-
          senza do software adecuado, a realización de cartogramas pode conside-
          rarse inviable. O presente gráfico está feito, basicamente, co PX–Map an-
          tes citado. Está retocado para mellorar a calidade da imaxe e traducilo ao
          galego.

          33. Fai os cartogramas provinciais usando últimos datos publicados po-
          lo INE.
   13   14   15   16   17   18   19   20   21   22   23