Page 19 - Programación de Matemáticas
P. 19

19
          9. Criterios e procedementos de avaliación                                               § 9
                                                                                       IES As Mariñas



          Observación importante acerca da consideración de «mínimos» ou «imprescindibles» dalgúns estándares
          de aprendizaxe
          A idea de que a nivel individual —ou de instituto— se podan considerar uns cuantos estándares como mínimos ou imprescindi-
          bles implica, necesariamente, considerar aos outros como prescindibles; se esta idea de que cada individuo ou pequeno colectivo
          pode obrar considerando que só uns puntos da normativa legal son imprescindibles a aplicáramos, por exemplo, ao código de
          circulación en vez de ao Decreto 86/2015, o tráfico sería caótico.
          Dado que os obxectivos, contidos, criterios de avaliación e competencias clave nas que se incide cada parte das materias adscritas
          ao departamento, e que figuran na programación son as recollidas no Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o
          currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 29 de xuño de
          2015), na Orde do 20 de marzo de 2018 pola que se regula a educación básica para as persoas adultas e se establece o seu
          currículo na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 12 de abril de 2018) para a Educación secundaria para persoas adultas
          e na Orde do 15 de xullo de 2015 pola que se establece a relación de materias de libre configuración autonómica de elección
          para os centros docentes nas etapas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, e se regula o seu currículo e a súa oferta
          (DOG do 21 de xullo de 2015) para a materia de Métodos Estatísticos e Numéricos,  tódolos estándares de aprendizaxe e as
          competencias asociadas recollidas na programación deben considerarse todos imprescindibles.
          Non obstante, ao longo do curso poderá valorarase a importancia de engadir unhas consideracións provisorias de «mínimos»
          ou «imprescindibles» a algúns estándares de aprendizaxe, coa idea de que a consecución de todos os estándares «mínimos» ou
          «imprescindibles» teña unha especial relevancia para a superación do tema e a non superación dalgún deles conleve a non su-
          peración dese tema.
          No caso de que durante o curso se valorase engadir a consideración de mínimo ou imprescidible a algún estándar de aprendizaxe,
          os eventualmente considerados como «mínimos» ou «imprescindibles» conlevarían un nivel de esixencia alto para ser supera-
          dos; os que careceran desa consideración de «mínimos» poderán ser superados cun nivel de esixencia medio ou baixo, entendendo
          que ese leve nivel de superación non lle impide ao alumnado seguir con éxito o resto dos estudos.
          PROCEDEMENTOS PARA A REALIZACIÓN DA AVALIACIÓN INICIAL
          Logo dun tempo prudencial de clase, e co uso de probas escritas, realización de traballos, entrevistas persoais, análise e valoración
          do espediente académico previo, … farase a avaliación inicial de todos os estudos, que se reflectirán nunha acta sempre que a
          dirección do centro considere oportuno convocar sesións de avaliación inicial con todo o profesorado.
          De non convocarse pola dirección a sesión de avaliación inicial, os datos da mesma serán considerados só a nivel particular do
          docente para orientar o resto da súa actividade docente, os posibles reforzos que poda prantexarse, …
          PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS XERAIS DE AVALIACIÓN PARA TODAS AS MATERIAS OU ÁMBITOS ADSCRITOS A ESTE
          DEPARTAMENTO
          Se a avaliación constitúe un proceso flexible os procedementos deberán ser variados. Para recoller datos podemos servirnos de
          diferentes procedementos de avaliación:
          •   Probas escritas.
              Dentro das probas escritas, e na medida das posibilidades do departamento, usaranse parcialmente probas de características
              similares ás que se usarán nas avaliacións externas ou reválidas (ABAU), para que o alumnado se habitue á súa realización.
          •   Traballos e/ou tarefas de investigación —de tipo individual ou grupal— para os temas (unidades temáticas) e grupos nos
              que sexa factible e indicado o seu uso.
              A súa proposta farase tendo en conta a dispoñibilidade de tempo libre do alumnado, a situación económica do alumnado e
              do seu entorno [25], o nivel de dispersión da poboación de residencia do alumnado, a facilidade para o acceso a bibliotecas,
              a redes sociais, … en especial na educación de adultos, onde moito alumnado traballa con horarios non fixos e son de
              procedencia moi dispersa, tanto pola formación previa como polo lugar de residencia ou de traballo.
              Tamén se debe ter en conta a dispoñibilidade (nula neste momento) de instrumentos para poder contrastar a orixinalidade
              e autoría dos traballos e/ou tarefas que se propoñan.
              No caso de que sexa factible e indicado o uso de traballos e/ou tarefas de investigación en determinados temas, indicarase
              ao alumnado —xunto coa proposta da actividade— a proporción da nota que representa a realización correcta da mesma
              dentro do tema (unidade temática ou avaliación) na que se incorpora. Esa porcentaxe non será superior ao 15%.
          •   Cuestionarios orais e escritos; no caso de seren orais deberá quedar constancia gravada para poder garantir o dereito a
              que a súa valoración se fai conforme a criterios obxectivos.
          •   Análise e valoración das diversas producións que realiza o alumnado, por exemplo: actividades de compresión, reso-
              lución de problemas, vocabulario, mapas conceptuais, gráficos, exposicións orais, traballos acerca do observado durante as
              actividades complementarias, …
          •   Valoración da participación nas explicacións grupais e individualizadas.
          •   Valoración da actitude, a claridade dos conceptos e os procedementos do alumnado.
   14   15   16   17   18   19   20   21   22   23   24