Page 18 - Programación de Matemáticas
P. 18

18
                    § 9                 Criterios de avaliación do proceso do ensino, da práctica docente e desta programación didáctica
                         IES As Mariñas


          8. MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
          A mesma definición do proxecto curricular e das súas concrecións curriculares constitúe unha medida de atención á diversidade.
          Por outra banda, o seu desenvolvemento nas programacións didácticas e nas unidades didácticas xerará un conxunto de propostas
          que favorezan a adaptación aos intereses, capacidades e motivacións dos alumnos, ao tempo que respectan sempre un traballo
          común de base e intención formativa global que permita a consecución das competencias básicas e dos obxectivos de cada curso
          e da etapa.
          •   O primeiro paso será a detección e identificación das dificultades ou necesidades educativas especiais que observe o pro-
              fesorado ou o departamento de Orientación; logo será o departamento de Orientación, en virtude da súa especialización, a
              que deseñe —en colaboración cos docentes do departamento de Matemáticas implicados— as medidas que se consideren
              efectivas para a superación destas dificultades, que serán documentadas para poder facer un seguimento e avaliación das
              mesmas.
          •   Inmediatamente despois do deseño das actuacións que se consideren adecuadas para a superación das dificultades detecta-
              das, os membros do departamento de Matemáticas actuarán en consecuencia, seguindo as pautas deseñadas polo departa-
              mento de Orientación, e en coordinación co resto dos departamentos didácticos segundo as directrices das Xefaturas de
              Estudos.

          9. CRITERIOS E PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN

          CRITERIOS DE AVALIACIÓN DO PROCESO DO ENSINO, DA PRÁCTICA DOCENTE E DESTA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA
          Toda actividade debe ser avaliada para que, do coñecemento dos fallos e das posibilidades de mellora, facer as correccións
          necesarias que permitan a súa mellora futura. Nese senso, esta programación debe ser avaliada ao longo do curso para propiciar
          as modificacións que permitan a súa mellora.
          Nalgunha das reunións mensuais de departamento, e como mínimo unha vez ao trimestre, farase unha análise dos puntos que
          cada membro do mesmo considera susceptible de mellora. Logo do debate sobre o mesmo e de acadar o consenso necesario,
          procederase á redacción que recolla os acordos acadados para a súa inclusión na programación do vindeiro curso.
          Esta avaliación, terá tamén un carácter continuo e formativo e incluirá referencias a aspectos tales como:
          •   A organización da aula.
          •   O aproveitamento dos recursos do centro.
          •   A relación entre o profesorado e o alumnado.
          •   A relación entre o profesorado.
          •   Os resultados académicos do alumnado nas materias adscritas ao departamento (en comparación cos obtidos en  outras
              materias).
          •   A convivencia entre o alumnado.
          •   A relación entre os membros do departamento de Matemáticas e o departamento de Orientación.
          En función do obtido nos puntos anteriores, proporanse as modificacións que se consensuen como necesarias para a mellora.
          GARANTÍA DE QUE O RENDIMENTO DO ALUMNADO SE AVALÍA CON CRITERIOS OBXECTIVOS
          En todo momento se seguirá a normativa recollida na «Orden de 28 de agosto de 1995 por la que se regula el procedimiento
          para garantizar el derecho de los alumnos de educación secundaria obligatoria y de bachillerato a que su rendimiento escolar
          sea evaluado conforme a criterios objetivos (BOE do 20 de septiembre de 1995)» e na Orde do 22 de abril de 2010 pola que se
          establece o procedemento que cómpre seguir nas reclamacións das cualificacións outorgadas no segundo curso do bacharelato
          establecido na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG do 4 de maio de 2010).
          MÍNIMOS ESIXIBLES
          No desarrollo particular para cada curso e grupo indícanse os criterios de avaliación que se utilizaran para a comprobación da
          adquisición dos obxectivos antes previstos, engadindo tamén os estándares de aprendizaxe cos que se comprobarán a adquisición
          dos obxectivos previstos.
          Dado que os obxectivos, contidos, criterios de avaliación e competencias clave nas que se incide cada parte das materias adscritas
          ao departamento que figuran nesta programación son as recollidas no Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o
          currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 29 de xuño de
          2015), na Orde do 20 de marzo de 2018 pola que se regula a educación básica para as persoas adultas e se establece o seu
          currículo na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 12 de abril de 2018) para a Educación secundaria para persoas adultas
          e na Orde do 15 de xullo de 2015 pola que se establece a relación de materias de libre configuración autonómica de elección
          para os centros docentes nas etapas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, e se regula o seu currículo e a súa oferta
          (DOG do 21 de xullo de 2015) para a materia de Métodos Estatísticos e Numéricos, o aquí recollido debe considerarse que son
          os contidos mínimos esixibles (outra opción máis reducida sería ilegal).
   13   14   15   16   17   18   19   20   21   22   23