Page 15 - Programación de Matemáticas
P. 15

15
          4. Plan anual de lectura: proxecto lector do centro                                      § 5
                                                                                       IES As Mariñas



          estudo das matemáticas, da utilización das ferramentas que nos proporciona, poderemos abordar temas candentes na sociedade
          actual: movementos migratorios, o papel da muller na sociedade, cuestións relacionadas con distintos tipos de violencia.
          A comprensión da realidade social do mundo no que vivimos e o exercicio da cidadanía de maneira democrática son necesarios
          para a integración dos estudantes na sociedade. Determinados aspectos destas realidades poden entenderse mellor na medida en
          que poidan ser analizados empregando as ferramentas que proporcionan as matemáticas. Para comprender a pluralidade da so-
          ciedade española e europea pode cuantificarse a súa composición desde diferentes criterios (xeográficos, económicos, culturais,
          raciais, etc.) o que devén nun afondamento do coñecemento desa pluralidade. De novo as porcentaxes, a análise de táboas e
          gráficas e a estatística son os contidos matemáticos máis axeitados para facer estes estudos
          Un dos aspectos máis salientables da realidade social son os ámbitos cultural e artístico. Pero non só forman parte da cultura da
          nosa sociedade as producións literarias, a música, a pintura, ou a arquitectura. A ciencia e, en particular, as matemáticas son unha
          parte integrante dela. Moitas das creacións culturais da humanidade xamais se terían realizado sen o seu concurso. Abonda
          lembrar que, hai máis de vintecinco séculos, a música e as matemáticas se entrelazaban na escola pitagórica. Múltiples manifes-
          tacións da arquitectura, escultura e pintura de diferentes épocas constitúen exemplos nos que se detecta a súa relación directa
          coas matemáticas.
          Estas conexións das matemáticas e a música, a arquitectura ou a arte non son cousa exclusiva do pasado. Exemplos actuais de
          vangarda serían magníficos representantes do que queremos dicir; pénsese, por exemplo, na música estocástica, nas formas en
          tensión ou na arte fractal.
          Por outra banda, os avances no proceso de resolución dun problema, aínda sen ter acadada unha solución, proporcionan unha
          satisfacción que recompensa o esforzo realizado e redunda na autoestima. Nese proceso de resolución sempre se aprende algo,
          aínda que sexa vendo o que xa coñeciamos desde outro punto de vista. Pero tamén se poñen en xogo estratexias de aprendizaxe
          como a formulación de preguntas, o sentimento de curiosidade pola exploración de obxectos e situacións, a observación e rexistro
          sistemático de feitos e relacións, a integración e relación da nova información con outros datos e coa propia experiencia e coñe-
          cementos anteriores, a utilización de técnicas de consulta e a disposición a aceptar diferentes puntos de vista. Pode, polo tanto,
          considerarse como un proceso de aprendizaxe autónoma que fai que a competencia de aprender a aprender se fortaleza.
          Pero con esa metodoloxía póñense tamén en xogo destrezas relativas á autonomía e a iniciativa persoal, dado que no proceso de
          resolución dun problema, en moitas ocasións, é necesario optar con criterio propio entre varias vías, desenvolver a opción elixida
          e facerse responsable dela. Tamén esixe o desenvolvemento de valores persoais tales como a liberdade, a demora da satisfacción,
          a confianza na propia capacidade para enfrontarse a eles con éxito e adquirir un nivel adecuado de autoestima, que permita gozar
          dos aspectos creativos, manipulativos, estéticos e utilitarios das matemáticas.
          Pondo de relevo, durante a realización das actividades de ensinanza e aprendizaxe na aula, as conexións entre as matemáticas e
          as demais áreas do currículo e a súa achega á consecución das competencias básicas, é máis doado que as matemáticas adquiran
          significado e relevancia para as alumnas e os alumnos, o que, sen dúbida, redundará nunha mellor comprensión dos seus saberes,
          nunha maior naturalidade no seu uso en diversos contextos e nunha mellor actitude cara a elas. En definitiva: nunha mellor
          competencia matemática.
          4. PLAN ANUAL DE LECTURA: PROXECTO LECTOR DO CENTRO

          O departamento de Matemáticas colaborará, na medida das súas capacidades, na promoción da lectura que se artelle a tenor do
          Decreto 86/2015, realizando as tarefas que o programa de centro referido á promoción de lectura lle encomende.

          5. CONTRIBUCIÓN Á INTEGRACIÓN DAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E A COMUNICACIÓN (TIC)

          A integración das TIC nos proceso de ensino é unha realidade da que tamén se fai partícipe a educación matemática.
          Os expertos consideran que a tecnoloxía é esencial para a ensinanza/aprendizaxe das matemáticas, aínda que hai que ter coidado
          ao usala e nunca debe reemplazar o papel dos educadores e dos alumnos, polo que o profesorado que a utilice debe ser un
          profesorado experto e ben formado.
          Entre outras achegas, o uso dos recursos tecnolóxicos favorece unha aprendizaxe máis eficiente por parte dos alumnos e inflúe
          sobre que matemáticas se poden/deben ensinar e como facelo. Pode considerarse que as TIC son instrumentos útiles de mediación
          na construción e estruturación do coñecemento matemático, fornecendo un novo ambiente de aprendizaxe e que a actividade que
          se desenvolve no mesmo sexa diferente a como se traballaría con lapis e papel.
          O interese suscitado polo avance da tecnoloxía traduciuse na proliferación de recursos para o seu uso na clase de matemáticas
          (programas informáticos, páxinas web de recursos e ferramentas potentes para a creación de aplicacións), xa sexan comerciais,
          potenciados por administracións educativas ou elaborados polo propio profesorado.
          Nesta programación consideramos que material didáctico é calquera medio ou recurso que se utiliza no ensino e aprendizaxe das
          Matemáticas. Nesta categoría incluímos obxectos moi diversos: dende manuais escolares na súa versión escrita, gravacións en
          vídeo, hipertexto, …, os propios dedos das mans, calculadoras, programas informáticos, etcétera.
   10   11   12   13   14   15   16   17   18   19   20