Page 24 - Programación de Matemáticas
P. 24

24
                    § 10                                             Aspectos do medio sociocultural que se poden considerar
                         IES As Mariñas


          10. CONTEXTUALIZACIÓN: ADAPTACIÓN AO MEDIO SOCIOCULTURAL E ECONÓMICO
          Os proxecto curricular de debe concretar e adecuar o currículo ás peculiaridades do IES As Mariñas. Por todo iso é necesario
          reflexionar acerca de que elementos, de entre tódolos que conforman o entorno do centro, poden influír de forma significativa
          nas decisións que se tomen no proxecto curricular.
          ASPECTOS DO MEDIO SOCIOCULTURAL QUE SE PODEN CONSIDERAR
          Familia
          —  Nivel cultural e socioeconómico.
          —  Ambiente familiar en relación co estudio e a educación dos fillos.
          —  Carencias no referente á educación dos fillos.
          —  Expectativas da familia respecto ó futuro profesional dos fillos.
          —  Nivel lingüístico.
          Alumnos
          —  Capacidades cognitivas, socioafectivas e motrices.
          —  Actitude cara a escola e o profesorado.
          —  Motivación pola aprendizaxe e o traballo escolar.
          —  Valores e intereses máis relevantes: culturais, sociais, ...
          —  Carencias no referente ó desenrolo integral da persoa e a inserción na sociedade.
          —  Estratexias de aprendizaxe.
          —  Nivel lingüístico
          —  Hábitos alimenticios
          —  Ocupación do tempo libre
          —  Prácticas preventivas sanitarias
          IES As Mariñas
          —  Crenzas e valores que se explicitan na práctica educativa do centro.
          —  Estilo  das  relacións  educativas  (dirección–profesores,  dirección–pais,  profesores–pais,  profesores–profesores,  profeso-
              res-alumnos, alumnos–alumnos).
          —  Carencias no ambiente educativo do colexio.
          —  Recursos educativos do colexio.
          Entorno do instituto
          —  Crenzas e valores do entorno social e cultural que inciden na formación dos individuos.
          —  Propostas educativas do entorno

          DATOS DO MEDIO SOCIOCULTURAL E ECONÓMICO
          Os alumnos de ESO proceden de tres centros distintos adscritos, polo que ás diferenzas naturais do alumnado debidas ás súas
          peculiaridades persoais e á súa historia académica, hai que engadir a producida polas diferentes prácticas educativas que se dan
          neses tres centros.
          Os alumnos dos centros adscritos ao noso instituto (Oza-Cesuras e Aranga) viven en zonas rurais dispersas, con notables difi-
          cultades de transporte, que lles ocupa 2 horas ao día.
          Ese tempo de viaxe non é un tempo de descanso nin de lecer, e en moitas ocasións produce unha notable “tensión” nos alumnos
          polos conflitos que xorden no transporte escolar, xa que non sempre viaxan acompañados de monitor.
          Eses concellos teñen poucos habitantes e ademais están sufrindo unha gran perda poboacional debido a movementos migratorios
          cara as cidades próximas e cun crecemento vexetativo negativo, o que produce envellecemento demográfico importante.
          O illamento dos alumnos dificulta, e nalgúns casos imposibilita, actividades autónomas de búsqueda de información (acceso a
          bibliotecas, búsqueda de información en grupo, acceso a internet, …), pois non hai bibliotecas neses núcleos rurais, e a dispersión
          do alumnado fai que as distancias entre os seus domicilios dificulte/imposibilite o contacto para actividades de reforzo conxunto.
          Temos que pensar que os alumnos practicamente só poderán contar cos recursos que o centro lles pode ofrecer, e no horario no
          que eles se atopan neste centro.
          Esta dificultade tamén se da á hora de plantexar actividades extraescolares.
          Estas consideracións fan que as actividades de estudio individual, traballos de investigación e ampliación de coñecementos deban
          ser pensadas para poder desenrolarse —fundamentalmente— cos recursos do centro e o material individual deles.
          Estas consideracións son válidas para tódalas asignaturas adscritas ao departamento.
   19   20   21   22   23   24   25   26   27   28   29