Page 22 - Programación de Matemáticas
P. 22

22
                    § 9                                     Avaliación do alumnado con materias pendentes de cursos anteriores
                         IES As Mariñas


          AVALIACIÓN DO ALUMNADO CON MATERIAS PENDENTES DE CURSOS ANTERIORES
          Ao alumnado con materias pendentes de cursos anteriores o docente que lle imparte clase no presente curso proporalle activida-
          des ao longo do curso e, se é posible, deberá asistir ás clases de recuperación que se podan impartir con tal fin; realizará as tarefas
          que se lle indiquen e fará as probas que co fin de superar as materias pendentes propoña o docente que no presente curso lle
          imparte clase.
          En todo caso, antes do remate do mes de maio o alumnado con materias adscritas ao departamento de matematicas pendentes de
          cursos anteriores, deberá ser avaliado das mesmas, mediante unha proba extraordinaria onde se recollan os contidos pendentes
          de superación.
          Esta proba non será obrigatoria —salvo que algunha disposición legal indique o contrario— se o docente que no presente curso
          lle imparte clase considera, en función dos traballos e outras probas xa realizadas polo alumnado, que acadou os obxectivos para
          a superación das materias pendentes.
          Segundo a normativa vixente, para as materias adscritas ao departamento de matemáticas, é necesario ter superada a materia dos
          cursos anteriores para poder aprobar a materia no presente curso.
          CONSIDERACIÓNS PARA O ALUMNADO QUE PERDEU O DEREITO Á AVALIACIÓN CONTINUA
            Para os estudos nos que está contemplado a perda do dereito á avaliación continua por faltas de asistencia reiteradas ás
              actividades lectivas, a avaliación do alumnado farase mediante unha proba global da materia ou ámbito ao remate do perí-
              odo lectivo.
              Para os estudos nos que está contemplado a perda do dereito de asistencia á clase e á avaliación continua por faltas de
              asistencia reiteradas, o profesorado valorará a conveniencia de permitirlle o acceso clase e a realización de probas parciais
              de avaliación. En todo caso, o alumnado deberá realizar unha proba global da materia ou ámbito ao remate do período
              lectivo.
            Dependendo do número de probas ou exames ou temas superados no momento no que o alumnado perde o dereito á ava-
              liación continua, o profesorado poderá eximilo de realizar na proba global da materia citada no punto anterior os apartados
              valorados positivamente antes de perder o dereito á avaliación continua.
          USO DE ELEMENTOS QUE PODAN ALTERAR A CORRECTA VALORACIÓN DO RENDEMENTO DO ALUMNADO
          Durante as probas ou exames que realice o profesorado de materias adscritas ao departamento de Matemáticas está prohibida a
          posesión ou uso de calquer elemento (chuletas, dispositivos electrónicos, ...) que poda alterar a correcta valoración dos coñe-
          cementos e o rendemento do alumnado. Considerarase prohibido todo o que non estea expresamente permitido polo profeso-
          rado para cada proba ou exame.
          Segundo o artigo 11 da Lei 4/2011 o profesorado está facultado para requirir ao alumnado a entrega de calquera obxecto que
          poida perturbar o normal desenvolvemento das actividades docentes e o alumnado requerido está obrigado á súa inmediata
          entrega, que será depositado polo profesorado na dirección do centro coas debidas garantías, quedando á disposición da nai ou
          pai ou da titora ou titor, se a alumna ou alumno que o porta for menor de idade, ou da propia alumna ou alumno, se for maior de
          18 anos, unha vez terminada a xornada escolar ou a actividade complementaria ou extraescolar, todo iso sen prexuízo das co-
          rreccións disciplinarias que poidan corresponder.
          •   A posesión ou uso por parte do alumnado de elementos prohibidos (chuletas, dispositivos electrónicos, ...) durante os
              exames ou probas, tanto parciais como finais, considérase como un acto que perturba gravemente o normal desenvolve-
              mento das actividades docentes e compórtase como unha falsificación ou alteración dun documento académico, e é motivo
              da súa total exclusión da proba e o suspenso da materia examinada na convocatoria ordinaria ou, se é o caso, da extra-
              ordinaria, todo iso sen prexuízo de outras correccións disciplinarias que poidan corresponder por esta infracción.
          •   O profesorado do alumnado que porte ou use eses elementos poderá tomar en  consideración actos eximentes, como o
              recoñecemento espontáneo da conduta, a entrega voluntaria do material prohibido no exame, …, e considerar se o suspenso
              debe afectar só ás partes examinadas ou á totalidade da materia.
              Tamén valorará a posibilidade de usar co alumnado afectado —durante o resto do curso— procedementos e métodos de
              valoración dos coñecementos distintos dos usados colectivamente na mesma ou en distinta data da proposta para o grupo.
              O profesorado do departamento de Matemáticas dará conta á Xefatura de estudos e/ou á Dirección da corrección que con-
              sidere máis idónea, e a Dirección e/ou a Xefatura de estudos valorará a súa idoneidade e imporá esa medida correctora ou,
              no seu caso, prescribirá o procedemento corrector que considere mellor. Este feito e a súa corrección serán comunicados
              aos titores legais do alumnado afectado.
          PROCEDEMENTOS QUE LLE PERMITAN AO ALUMNADO ACREDITAR OS COÑECEMENTOS NECESARIOS EN DETERMINADAS MA-
          TERIAS PARA O BACHARELATO
          De acordo co anexo III do «Real Decreto 1105/2014, de 26 de diciembre, por el que se establece el currículo básico de la
          Educación Secundaria Obligatoria y del Bachillerato» (BOE do 3 de xaneiro de 2015), e corrección de erros no BOE do 1 de
          maio de 2015 e no anexo VI do Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria
          obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 29 de xuño de 2015), é necesario ter superada a
          materia de Matemáticas I para poder superar a materia de Matemáticas II; igualmente se require a superación previa da materia
          de Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais I para poder superar Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais II.
   17   18   19   20   21   22   23   24   25   26   27