Page 21 - Programación de Matemáticas
P. 21

21
          9. Criterios e procedementos de avaliación                                               § 9
                                                                                       IES As Mariñas



          Bach 2º H   Matemáticas Aplicadas ás CCSS II         CCL   CMCCT    CD    CAA     CSC   CSIEE   CCEC
          Nº  de sesións  Número de competencias sobre o total dos estándares   5   57   5   4   4   4     1
               4     Porcentaxes referidos ao total dos estándares    6.25%  71.25%  6.25%   5.00%   5.00%   5.00%   1.25%

          ESOA 1º    Ámbito Científico-Tecnolóxico             CCL   CMCCT    CD    CAA     CSC   CSIEE   CCEC
          Nº  de sesións  Número de competencias sobre o total dos estándares   11   62   26   10   16   5   5
               8     Porcentaxes referidos ao total dos estándares    8.15%  45.93%  19.26%  7.41%  11.85%  3.70%   3.70%

          ESOA 2º    Ámbito Científico-Tecnolóxico             CCL   CMCCT    CD    CAA     CSC   CSIEE   CCEC
          Nº  de sesións  Número de competencias sobre o total dos estándares   25   84   7   9   11   2   1
               8     Porcentaxes referidos ao total dos estándares    17.99%  60.43%  5.04%   6.47%   7.91%   1.44%   0.72%

          ESOA 3º    Ámbito Científico-Tecnolóxico             CCL   CMCCT    CD    CAA     CSC   CSIEE   CCEC
          Nº  de sesións  Número de competencias sobre o total dos estándares   19   92   10   5   13   9   1
               8     Porcentaxes referidos ao total dos estándares    12.75%  61.74%  6.71%   3.36%   8.72%   6.04%   0.67%

          ESOA 4º    Ámbito Científico-Tecnolóxico             CCL   CMCCT    CD    CAA     CSC   CSIEE   CCEC
          Nº  de sesións  Número de competencias sobre o total dos estándares   17   73   12   27   33   11   13
               8     Porcentaxes referidos ao total dos estándares    9.14%  39.25%  6.45%  14.52%  17.74%  5.91%   6.99%

          CRITERIOS XERAIS DE PROMOCIÓN PARA TODAS AS MATERIAS OU ÁMBITOS ADSCRITOS A ESTE DEPARTAMENTO
          Para poder promocionar/ter avaliación positiva en calquera das materias/ámbitos asignados a este departamento, o alumnado
          deberá:
            Ter avaliación positiva en todas as probas ou exames ou temas nos que se desglose a materia. Se non se ten avaliación
              positiva deberá presentarse a unha proba de recuperación —e superala— agás nos casos nos que se dispoña outro procede-
              mento de recuperación escrito. A non presentación a unha proba, exame ou tema (ou á súa recuperación, se é o caso) implica
              que a materia non poderá ter avaliación positiva na convocatoria ordinaria.
            Ter entregados en prazo e valorados positivamente todos os traballos requeridos para a superación da materia no caso de
              que o profesorado así o demande. O profesorado deberá comprobar polos métodos que considere máis axeitados a orixina-
              lidade dos mesmos (para garantir que non son copiados nin feitos por outras persoas). No caso contrario non se poderá ter
              avaliación positiva na convocatoria ordinaria.
              Os traballos individuais —ou colectivos— que se propoñan ao alumnado ponderarán un máximo do 15% da cualificación
              do tema ou unidade temática na que se propoñan; en cada traballo que se propoña indicarase a porcentaxe da cualificación
              do tema ou proba que representa.
            No caso de que o punto anterior non se dea, deberá obter avaliación positiva nunha proba global que terá lugar inmediata-
              mente antes do remate das actividades lectivas (ou nos prazos que se dicten na normativa vixente). Dita proba recollerá
              partes relacionadas cos exames, probas ou temas non superados e tamén pode ter un enfoque global de toda a materia. A
              non presentación á proba ou obter unha resolución insatisfactoria da mesma implica que a materia non terá avaliación
              positiva na convocatoria ordinaria.
              O profesorado poderá eximir ao alumnado de realizar algunha das partes desa proba global se considera que o nivel acadado
              nese(s) apartado(s) non lle impiden acadar a formación prevista na normativa vixente para o nivel de estudos que se cursa.
              No caso de que os traballos encargados non se entreguen en prazo, haxa dúbidas razoables da súa autoría ou orixinalidade
              ou non acaden a calidade pedida, en función da materia e do grupo o profesor deberá indicar a forma na que o alumnado
              debe subsanar esa deficiencia. Se non a subsana, en forma e prazo, non poderá superar a materia na convocatoria ordinaria.
            O alumnado que non superou a materia na convocatoria ordinaria deberá presentarse a unha proba extraordinaria (nos
              prazos que a normativa vixente indique) que abarcará todos os contidos da materia. Tamén deberá presentar correctamente
              realizados os traballos que, eventualmente, o profesorado lle demande. A non presentación á proba ou a resolución insatis-
              factoria da mesma implica que a materia non terá avaliación positiva na convocatoria extraordinaria. A non entrega dos
              traballos demandados no prazo establecido, ou incorrectamente feitos ou que produzan dúbidas razoables da súa autoría ou
              orixinalidade implica que a materia non terá avaliación positiva na convocatoria extraordinaria.
            As matizacións destas normas xerais que en cada curso realice o profesorado deberán comunicarse ao alumnado nas pri-
              meiras sesións de clase e incluírse nas correspondentes programacións de aula ou anexos particulares a está programación
              xeral que eventualmente presenten os membros do departamento.
   16   17   18   19   20   21   22   23   24   25   26