Page 14 - Programación de Matemáticas
P. 14

14
                    § 3                  Contribución das áreas e materias adscritas ao departamento ao logro das competencias clave
                         IES As Mariñas


          3. COMPETENCIAS CLAVE
          O Decreto 86/2015, no artigo 3, remarca as competencias clave:
            Comunicación lingüística (CCL).                   Aprender a aprender (CAA).
            Competencia matemática e competencias básicas en cien-   Competencias sociais e cívicas (CSC).
              cia e tecnoloxía (CMCCT).                        Sentido de iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE).
            Competencia dixital (CD).                         Conciencia e expresións culturais (CCEC).
          O Decreto 86/2015 e a Orde do 20 de marzo de 2018 tamén indican que a descrición das relacións entre as competencias, os
          contidos e os criterios de avaliación na educación secundaria obrigatoria e no bacharelato será a establecida de conformidade
          coa Orde ECD/65/2015, do 21 de xaneiro, pola que se describen as relacións entre as competencias, os contidos e os criterios de
          avaliación da educación primaria, da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato.
          —  Con respecto ás competencias básicas (anteriores á Lei 8/2013), debe subliñarse que coa nova redacción o sentido das
              competencias refírense á capacidade para facer algo, á adquisición de destrezas para resolver problemas, e perderon o
              sentido integrador das competencias básicas que tiñan antes da Lei 8/2013, como desenvolvemento de aprendizaxes que
              faciliten a realización persoal.
          —  O artigo 5 do Decreto 86/2015 indica que os centros docentes desenvolverán e complementarán, de ser o caso, o currículo
              e as medidas de atención á diversidade establecidas pola consellería con competencias en materia de educación, adaptán-
              doas ás características do alumnado e á súa realidade educativa, coa finalidade de atender todo o alumnado. Así mesmo,
              arbitrarán métodos que teñan en conta os diferentes ritmos de aprendizaxe do alumnado, favorezan a capacidade de aprender
              por si mesmo e promovan o traballo en equipo, sendo asumida para a educación de adultos polo artigo 3 da Orde do 20 de
              marzo de 2018.
             Dado que nos anexos antes citados do Decreto 86/2015 e da Orde do 20 de marzo de 2018 para a educación secundaria
              para persoas adultas, para cada bloque de contidos, están especificados por parte da Xunta os estándares de aprendizaxe
              avaliables, sobre os que se deseñarán as avaliacións externas ou reválidas —cuxa superación é imprescidible para obter os
              títulos de ESO e/ou bacharelato—, a adaptación ás características do alumnado e á súa realidade educativa do recollido
              nese decreto amósase con pouco percorrido e, como mínimo, moi complexa.

          CONTRIBUCIÓN DAS ÁREAS E MATERIAS ADSCRITAS AO DEPARTAMENTO AO LOGRO DAS COMPETENCIAS CLAVE
          No desarrollo feito para cada curso adxúntase a contribución á adquisición das competencia clave previstas para a o tipo de
          estudos e curso.
          O currículo da área de matemáticas, xunto co das demais áreas curriculares, debe ser o instrumento que concrete, a través da
          consecución dos seus propios obxectivos, da selección de contidos e da metodoloxía empregada, como se contribuirá á adquisi-
          ción, por parte do alumnado, dos coñecementos, destrezas e actitudes implícitos naquelas competencias.
          As matemáticas non son só un fin en si mesmo, senón un medio para que o alumnado logre a consecución de competencias
          ligadas á comunicación lingüística (CCL), á competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCCT),
          á competencia dixital (CD), a aprender a aprender (CAA), ás competencias sociais e cívicas (CSC), ao sentido de iniciativa e
          espírito emprendedor (CSIEE) e á conciencia e expresións culturais (CCEC).
          Ninguén dubida de que a linguaxe natural, oral e escrita, é un instrumento de aprendizaxe e de comunicación de saberes sen o
          que dificilmente se progresa. É necesario que todos o alumnado aprenda a verbalizar os conceptos, a facer explícita unha idea, a
          redactar un escrito ou a expoñer un argumento. Adquirir esta competencia supón aprender lingua cando se usa en situacións e
          contextos de comunicación diversos. Un de tales contextos é o que proporciona a área de matemáticas. Pero, ademais, a comu-
          nicación lingüística na área de matemáticas ten características propias como son a súa precisión, a súa concisión e a súa falta de
          ambigüidade, e o dispoñer de símbolos propios e de diferentes rexistros de linguaxe (numérica, alxébrica, gráfica …) que están
          destinados a conseguir expresar claramente acontecementos presentes na vida cotiá.
          Na sociedade actual impóñense outras fontes de información, os medios audiovisuais e as TIC, polo que é necesario que o
          alumnado adquira as habilidades para buscar, obter, procesar e comunicar a información para transformala en coñecemento,
          mantendo en todo momento unha posición crítica. O profesorado non se limitará, polo tanto, a ser a única fonte de información,
          senón que ten que ensinalo a buscar información relevante nos procesos de ensinanza e de aprendizaxe
          Capacitar as alumnas e os alumnos para que se desenvolvan de forma autónoma nun mundo caracterizado polos avances cienti-
          fico–técnicos, require que adquiran as bases do pensamento científico necesarias para poder interpretar o mundo dos obxectos e
          dos fenómenos cos que convivimos. Esa interpretación precisa da axuda do coñecemento matemático tanto na linguaxe e con-
          ceptos que utiliza como nas formas de argumentación e razoamento empregadas para a resolución dos problemas, facendo útiles
          e prácticos os coñecementos adquiridos.
          A historia das civilizacións está aí para recordarnos que os saberes e descubrimentos non entenden de fronteiras. Sociedades que
          poden estar atravesando por dificultades na actualidade ou mesmo outras que desapareceron foron no seu momento os faros que
          deron luz ao resto do mundo. A historia das matemáticas está ligada á historia da humanidade e, na parte que lle corresponde, é
          útil para que poidamos comprender certos acontecementos do pasado e do presente e mesmo predicir os do futuro. A través do
   9   10   11   12   13   14   15   16   17   18   19