Page 13 - Programación de Matemáticas
P. 13

13
          2. Materiais e recursos didácticos                                                       § 2
                                                                                       IES As Mariñas



          •   Coopera no desenvolvemento e consolidación de hábitos de disciplina, estudo e traballo individual e en equipo como con-
              dición necesaria para unha realización eficaz das tarefas da aprendizaxe e como medio de desenvolvemento persoal.
          •   Estimula a asumir responsablemente os seus deberes, coñecer e exercer os seus dereitos no respecto aos demais, practicar
              a tolerancia, a cooperación e a solidariedade.
          •   Realiza unha eficaz achega á consecución de destrezas básicas na utilización das fontes de información para, con sentido
              crítico, adquirir novos coñecementos. Facilita a adquisición dunha preparación básica no campo das tecnoloxías, especial-
              mente as da información e a comunicación.
          •   Impulsa o desenvolvemento do espírito emprendedor e a confianza en si mesmo, a participación, o sentido crítico, a inicia-
              tiva persoal e a capacidade de aprendizaxe a aprender, planificar, tomar decisións e asumir responsabilidades.
          •   Favorece o aprecio á creación artística e a comprensión da linguaxe das distintas manifestacións artísticas, ao tempo que
              emprega diferentes medios de expresión e representación.
          Deste xeito, pódese afirmar que as Matemáticas desenvolven unha labor fundamental para a evolución dunha personalidade
          formada e equilibrada que integra o estímulo de capacidades do seguinte tipo:
          •   Capacidades cognitivas, ao mellorar o pensamento reflexivo e lóxico incorporando á linguaxe e modos de argumentación
              as formas de expresión e razoamento matemático e recoñecendo, expoñendo e resolvendo, por medio de diferentes estrate-
              xias, situacións susceptibles de ser formuladas en termos matemáticos.
          •   Capacidades persoais e interpersoais, ao estimular o alumno a manifestar unha actitude positiva diante da resolución de
              problemas de xeito que amose confianza na capacidade para se afrontar a eles con éxito e valore as matemáticas como parte
              integrante da nosa cultura, a partir dun punto de vista histórico e a partir do seu papel na sociedade actual, aplique as
              competencias matemáticas adquiridas para analizar e valorar fenómenos sociais como a diversidade cultural, o respecto
              polo medio, a saúde, o consumo, a igualdade de xénero ou a convivencia pacífica.

          2. MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS
          Polo que respecta aos recursos metodolóxicos, a materia contemplará os principios de carácter psicopedagóxico que constitúen
          a referencia esencial para unha formulación curricular coherente e integradora entre todas as materias dunha etapa que debe
          reunir un carácter comprensivo, ao tempo que respectuoso coas diferenzas individuais. Estes principios son os seguintes:
          •    A actividade do profesorado de Matemáticas será considerada mediadora e guía para o desenvolvemento da actividade
              construtiva do alumno.
          •    Partirase do nivel de desenvolvemento do alumno, o que significa considerar tanto as súas capacidades coma os seus coñe-
              cementos previos.
          •    Orientarase a acción do profesorado cara a estimular no alumno o desenvolvemento de competencias básicas. Promoverase
              a adquisición de aprendizaxes funcionais e significativas.
          •    Procuraranse formas de adaptación na axuda pedagóxica ás diferentes necesidades do alumnado.
          •    Impulsarase un estilo de avaliación que sirva como punto de referencia á nosa actuación pedagóxica, que proporcione ao
              alumno información sobre o seu proceso de aprendizaxe e lle permita participar no mesmo a través da auto-avaliación e a
              co-avaliación.
          •    Fomentarase o desenvolvemento da capacidade de socialización, de autonomía e de iniciativa persoal.
          Os contidos da materia preséntanse organizados en conxuntos temáticos de carácter analítico e disciplinar. Non obstante, estes
          conxuntos integraranse na aula a través de unidades didácticas que favorecerán a materialización do principio de inter e intradis-
          ciplinariedade mediante procedementos tales coma:
          —  Planificación, análise, selección e emprego de estratexias e técnicas variadas na resolución de problemas, tales coma o
              reconto exhaustivo, a dedución, a indución ou a procura de problemas afíns, e a comprobación do axustamento da solución
              á situación exposta.
          —  Lectura comprensiva de textos relacionados coa formulación e a resolución de problemas.
          O desenvolvemento da materia a partir dunha perspectiva inter e intradisciplinar tamén se levará a cabo a través de actitudes e
          valores coma o rigor, a curiosidade científica, a perseveranza, a cooperación e a responsabilidade.
          O desenvolvemento das experiencias de traballo na aula buscará a alternancia entre os dous grandes tipos de estratexias: expo-
          sitivas e de indagación. De gran valor para o tratamento dos contidos resultarán tanto as aproximacións intuitivas coma os de-
          senvolvementos graduais e cíclicos dalgúns contidos de maior complexidade.
          Para facilitar a asimilación dos contidos, a metodoloxía apoiarase en recursos materiais; entre eles, medios manipulativos xeo-
          métricos, calculadoras (científicas e gráficas), follas de cálculo e diferentes ferramentas informáticas: GeoGebra, Desmos, …
   8   9   10   11   12   13   14   15   16   17   18