Page 12 - Programación de Matemáticas
P. 12

12
                    § 1                                                                       Concepto de Currículo
                         IES As Mariñas


          CONCEPTO DE CURRÍCULO
          O termo currículo é relativamente novo na nosa tradición pedagóxica, aínda que se trate dun termo xa consolidado dende fai
          tempo noutros países. Agora ben, como acontece a miúdo cos termos pedagóxicos, non tódolos profesionais lle outorgan un
          mesmo e unívoco significado.
          Para algúns didactas, o currículo é o conxunto de coñecementos que hai que transmitir ao alumnado; para outros, o currículo
          enténdese basicamente coma unha especificación dos resultados que se deben conseguir mediante o proceso de ensinanza; outros,
          consideran que o currículo é todo o que verdadeiramente se aprende, distinguindo entre aprendizaxes intencionais e aprendizaxes
          que se adquiren aínda que non existira unha intención en tal sentido; para outros, o currículo vaise construíndo a partires das
          decisións que imos tomando ante os problemas que nos suscita a práctica diaria; etc.
          Cada unha destas concepcións curriculares ten sentido nun determinado contexto e o optar por unha definición non debe signi-
          ficar desconsiderar as outras.
          Sen embargo, é preciso clarificar cal é a concepción coa que se traballa en cada situación. Polo tanto, no noso caso, convén saber
          cal é a concepción de currículo no novo sistema educativo para asegurarnos de que todos falamos dunha mesma cousa, a partir
          dunha mesma idea.
          Nesta concepción, o currículo enténdese coma unha especificación das intencións educativas e do plan ou dos plans de acción
          para conseguilas. Polo tanto o currículo consiste na planificación de tódas as compoñentes didácticos: unhas, por ser intencións
          (obxectivos, contidos que hai que ensinar) e outras, por constituír o plan de acción (metodoloxía, secuencia, selección de mate-
          riais, criterios de avaliación, etc.). Nesa concepción é de suma importancia o criterio de que o currículo ha de servir realmente
          ao profesorado na súa tarefa.
          A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, coas modificacións introducidas pola Lei 8/2013 (LOMCE) indica
          nos artigos 6 e 6 bis o que se entende por currículo o conxunto de obxectivos, competencias básicas, contidos, metodoloxía
          didáctica, os estándares e resultados de aprendizaxe avaliables e criterios de avaliación de cada unha das ensinanzas reguladas
          por ela.
          O Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na
          Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 29 de xuño de 2015), no artigo 2 matiza que o currículo da educación secundaria
          obrigatoria (ESO) e do bacharelato nos centros docentes galegos será o recollido para as distintas materias nos anexos I, II e III
          do mencionado decreto, e aclara que para estes estudos se entende por:
            Obxectivos: referentes relativos aos logros que o alumnado debe alcanzar ao rematar o proceso educativo, como resultado
              das experiencias de ensino e aprendizaxe intencionalmente planificadas para tal fin.
            Competencias: capacidades para aplicar de xeito integrado os contidos propios de cada ensinanza e etapa educativa, co fin
              de lograr a realización adecuada de actividades e a resolución eficaz de problemas complexos.
            Contidos: conxunto de coñecementos, habilidades, destrezas e actitudes que contribúen ao logro dos obxectivos de cada
              ensinanza e etapa educativa, e á adquisición de competencias. Os contidos ordénanse en disciplinas, que se clasifican en
              materias, ámbitos, áreas e módulos, en función das ensinanzas, das etapas educativas ou dos programas en que participe o
              alumnado.
            Criterios de avaliación: referente específico para avaliar a aprendizaxe do alumnado. Describen aquilo que se quere valorar
              e que o alumnado debe lograr, tanto en coñecementos coma en competencias, e responden ao que se pretende conseguir en
              cada disciplina.
            Estándares de aprendizaxe avaliables: especificacións dos criterios de avaliación que permiten definir os resultados de
              aprendizaxe e que concretan o que o alumnado debe saber, comprender e saber facer en cada disciplina. Deben ser obser-
              vables, medibles e avaliables, e permitir graduar o rendemento ou o logro alcanzado. Deben contribuír a facilitar o deseño
              de probas estandarizadas e comparables.
             Metodoloxía didáctica: conxunto de estratexias, procedementos e accións organizadas e planificadas polo profesorado, de
              xeito consciente e reflexivo, coa finalidade de posibilitar a aprendizaxe do alumnado e o logro dos obxectivos suscitados.
          VALOR FORMATIVO DAS MATEMÁTICAS
          As Matemáticas constitúen un ben formativo e cultural que os alumnos deben apreciar. Elementos de traballo como a estrutura-
          ción das nocións espaciais e temporais, a previsión e o control da incerteza ou o manexo da tecnoloxía dixital son expoñentes do
          seu valor.
          A preparación para desenvolverse axeitadamente no contorno académico, familiar, sociocultural e profesional fai necesaria a
          adquisición de habilidades e destrezas asociadas á materia. Tal adquisición fará posible interpretar correctamente táboas, gráfi-
          cos, mensaxes e fórmulas que se amosan en diferentes medios de comunicación e que favorecerán a adaptación do alumno ao
          contexto. Os contidos matemáticos seleccionados para esta etapa obrigatoria están orientados a conseguir que todos os alumnos
          poidan acadar os obxectivos propostos e estean preparados para se incorporaren á vida adulta. O devandito esixirá medidas para
          atender á diversidade de actitudes e competencias cognitivas do alumnado.
          O dominio da materia é esencial para a consecución dos obxectivos da etapa. Este feito maniféstase en varios aspectos que
          pasamos a destacar:
   7   8   9   10   11   12   13   14   15   16   17