Page 12 - Matemáticas para bacharelato de adultos
P. 12

12
                                                                             2. Uso de calculadoras e software matemático
                               Prácticas


          19. Escribe unha matriz de permutación de orde 3.
          Solución:
            1 0 0
            0 0 1 .
                  
                 
            0 1 0 
                 
          2. USO DE CALCULADORAS E SOFTWARE MATEMÁTICO
          Imos utilizar en diversos puntos deste tema as calculadoras da marca Texas Instruments, modelos TI Voyage 200, TI89, TI-89
          Titanium e TI-nspire CX CAS. O uso das máquinas que aquí se describe non pretende ser un manual de usuario das mesmas,
          senón que ten como finalidade facer familiar o seu uso no bacharelato, usalas como elemento de investigación, para corrixir
          fallos, …
          As calculadoras TI Voyage 200, TI-89 e TI-89 Titanium usan os mesmos datos, e poden intercambiar datos e cálculos entre
          elas co software de matemáticas para ordenador chamado Derive (versión 6); Derive funciona con calquera versión de Win-
          dows e necesita moi poucos recursos.
          TI-nspire CAS preséntase en formato de calculadora e tamén como un programa de matemáticas para ordenador, polo que se
          pode intercambiar datos, cálculos e programas entre a versión calculadora e software para Windows. TI-nspire CX CAS é unha
          actualización do Derive; necesita máis recursos informáticos.
          Para escribir unha matriz existen plantillas nas calculadoras que o facilitan. Resulta moi cómodo escribir as matrices como se
          ve nas copias de pantalla adxuntas, para o exemplo 9.
                   Usando TI-89, TI-89 Titanium, Voyage 200                 Usando TI-nspire CX CAS














          Escríbense entre corchetes   , separando os elementos de
          cada fila con ( ) ,  e as filas sepáranse con ( ) ; .

          As copias de pantalla das calculadoras Voyage 200, TI-89 Titanium son iguais, salvo que a da Voyage 200 é máis grande. Nor-
          malmente usaranse a da Voyage 200 e a da TI-nspire CAS. Como pola copia de pantalla se identifica claramente que calcula-
          dora de que calculadora estamos falando, no que segue non indicaremos a cal delas nos referimos, agás que sexa especifica-
          mente necesario.
             Un erro que se comete con bastante frecuencia ao usar calculadoras consiste en premer o signo da resta ( ) −  cando se de-
              be usar o signo ( ) -  de negativo.

          Estas calculadoras permiten o cálculo directo da trasposta. Hai
          que buscar no menú de cálculo a opción de traspoñer  ( ) T  ; non
          é elevado a  T .
   7   8   9   10   11   12   13   14   15   16   17