Page 8 - Matemáticas para bacharelato de adultos
P. 8

8
                                                                                    2. Magnitudes escalares e vectoriais
                               Prácticas


             A porción dunha alínea recta comprendida entre dous puntos chámase seg-
               mento rectilíneo, ou simplemente segmento.
               Así, na figura adxunta, para a recta  r ,  AB  é un segmento cuxos extremos
               son  A  e  B .
               •    A lonxitude do segmento represéntase por  AB .
               Para os fins da xeometría analítica engadirase, ao concepto de xeométrico de
               segmento, a idea de sentido ou dirección.
               Dende este punto de vista considerarase que o segmento  AB  é xerado por un punto que se move ao largo da recta  r  de
                A cara  B , e indícase iso cunha frecha, como se ve na figura.
               •    Neste caso dirase que o segmento  AB  está dirixido de  A  a  B .
               •    O punto  A  chámase orixe e o punto  B  recibe o nome de extremo ou punto final.
               •    Podería obterse o mesmo segmento dirixíndoo de  B  cara  A ; entón  B  é a orixe e  A  é o extremo, e o segmento
                    desígnase por  BA.

               Dende o punto de vista da xeometría elemental, as lonxitudes dos segmentos dirixidos  AB  e  BA son as mesmas. En
               xeometría analítica, sen embargo, faise unha distinción entre os signos destas lonxitudes.
               •    Así, especificamos, arbitrariamente, que un segmento dirixido nun sentido será considerado de lonxitude positiva,
                    mentres que outro, dirixido en sentido oposto, será considerado como un segmento de lonxitude negativa.
               •    De acordo con isto, se especificamos que o segmento dirixido  AB  ten lonxitude positiva, entón o segmento diri-
                    xido  BA ten lonxitude negativa, e escríbese
                                                           AB = −  BA

          2. MAGNITUDES ESCALARES E VECTORIAIS
             Hai magnitudes tales que os seus valores poden representarse por números positivos ou negativos, que se chaman esca-
               lares (ou magnitudes escalares), como poden ser la temperatura, a masa, o traballo, etc. e outras magnitudes que se
               determinan tanto polas súas dimensións, como polas súas direccións no espazo (ou no plano), e que se chaman vecto-
               riais, como poden ser a forza, a velocidade, a aceleración, a intensidade dun campo eléctrico ou dun campo magnético,
               etc. e poden representarse por vectores.

          3. VECTORES NO PLANO
              Un vector é un segmento que ten unha lonxitude determinada, unha dirección e un sentido. Represéntase por  AB , onde
               A representa a orixe e B representa o extremo, ou por  a .
               •    A lonxitude do vector chámase módulo do vector (ás veces tamén recibe o nome de valor absoluto), e represénta-
                    se entre barras verticais, por exemplo  a . A dirección do vector é a da liña que contén o vector e o sentido é o do
                    recorrido que vai de A a B.
               •    Un vector fixo está determinado polo seu módulo, dirección, sentido e punto de aplicación.
               •    Un vector nulo ( 0 ) é un vector tal que o seu extremo e orixe coinciden; o seu módulo é igual a cero e a súa direc-
                    ción é indeterminada.

              Dous vectores  a  e  b  dise que son equipolentes se teñen iguais
               os módulos, a dirección e o sentido.
               •    A relación de equipolencia represéntase por  .
               •    É dicir, se   a  b entón  a  e  b teñen o mesmo módulo, di-
                    rección e sentido; o punto de aplicación non é, en xeral, co-
                    incidente.
               •    Graficamente dous vectores son equipolentes cando un deles pode superpoñerse ao outro por unha translación
                    paralela.
               •    A relación de equipolencia verifica as propiedades reflexiva, simétrica e
                    transitiva. Polo tanto é unha relación de equivalencia, e como tal divide ao
                    conxunto de tódolos vectores en clases de equivalencia.
                    Cada clase de equivalencia é un vector libre.
               •    Tódolos vectores equipolentes (a un determinado vector), comparten o mes-
                    mo módulo, dirección e sentido. Cada un deses vectores é un representante
                    do grupo.
   3   4   5   6   7   8   9   10   11   12   13