Page 12 - Matemáticas para bacharelato de adultos
P. 12
12
2. Uso de calculadoras e software matemático
Prácticas
19. Escribe unha matriz de permutación de orde 3.
Solución:
1 0 0
0 0 1 .
0 1 0
2. USO DE CALCULADORAS E SOFTWARE MATEMÁTICO
Imos utilizar en diversos puntos deste tema as calculadoras da marca Texas Instruments, modelos TI Voyage 200, TI89, TI-89
Titanium e TI-nspire CX CAS. O uso das máquinas que aquí se describe non pretende ser un manual de usuario das mesmas,
senón que ten como finalidade facer familiar o seu uso no bacharelato, usalas como elemento de investigación, para corrixir
fallos, …
As calculadoras TI Voyage 200, TI-89 e TI-89 Titanium usan os mesmos datos, e poden intercambiar datos e cálculos entre
elas co software de matemáticas para ordenador chamado Derive (versión 6); Derive funciona con calquera versión de Win-
dows e necesita moi poucos recursos.
TI-nspire CAS preséntase en formato de calculadora e tamén como un programa de matemáticas para ordenador, polo que se
pode intercambiar datos, cálculos e programas entre a versión calculadora e software para Windows. TI-nspire CX CAS é unha
actualización do Derive; necesita máis recursos informáticos.
Para escribir unha matriz existen plantillas nas calculadoras que o facilitan. Resulta moi cómodo escribir as matrices como se
ve nas copias de pantalla adxuntas, para o exemplo 9.
Usando TI-89, TI-89 Titanium, Voyage 200 Usando TI-nspire CX CAS
Escríbense entre corchetes , separando os elementos de
cada fila con ( ) , e as filas sepáranse con ( ) ; .
As copias de pantalla das calculadoras Voyage 200, TI-89 Titanium son iguais, salvo que a da Voyage 200 é máis grande. Nor-
malmente usaranse a da Voyage 200 e a da TI-nspire CAS. Como pola copia de pantalla se identifica claramente que calcula-
dora de que calculadora estamos falando, no que segue non indicaremos a cal delas nos referimos, agás que sexa especifica-
mente necesario.
Un erro que se comete con bastante frecuencia ao usar calculadoras consiste en premer o signo da resta ( ) − cando se de-
be usar o signo ( ) - de negativo.
Estas calculadoras permiten o cálculo directo da trasposta. Hai
que buscar no menú de cálculo a opción de traspoñer ( ) T ; non
é elevado a T .