Page 6 - Programación de Matemáticas
P. 6

6
                                                                                                 Táboa de contidos
                         IES As Mariñas


          •   A ventilación da aula require acortar a sesión nuns 10 minutos (5 ao comezo coas ventas abertas e o tempo necesario para
              pechalas e 5 ao remate, para abrir as ventás).
          •   Tampouco está contabilizado o tempo que se tardará en acceder ás aulas mantendo a separación interpersoal recomendada.
          •   As máscaras cirúrxicas e as hixiénicas non deben usarse durante máis 4 horas e deben substituírse antes dese tempo de uso
              cando se humedezan ou deterioren; tusir ou esbirrar coa máscara posta fai que se humedeza ou se deteriore antes do tempo
              recomentado de uso polo que, moi probablemente durante todas as sesións de clase, parte do alumnado deberá substituír a
              máscara por outra nova. O protocolo Covid indica que para facelo debe hixienizar as mans, … e iso leva un tempo que
              distorsionará a marcha normal da clase.
          •   Segundo os especialisas médicos é aconsellable que cada 45 minutos ou unha hora se faga un pequeno descanso de cinco
              ou dez minutos retirando a máscara de protección para poder tomar osíxeno e ventilar a cara, e descansar entre 30 e 60
              minutos despois dunha xornada de catro ou cinco horas do seu uso. Tendo en conta que o docente e o alumnado que non
              poda manter unha distancia interpersoal de seguridade na aula deberán usar a máscara durante todo o tempo (e algúns xa a
              estarán usándo dende bastante antes, no autobús escolar), xorde a pregunta: en que espazo se pode facer ese descanso? Saír
              ao patio cando o tempo o permite? Canto tempo levará, a máis dos minutos de descanso sen máscara?

          En calquera caso, parece que o tempo que se pode adicar á docencia efectiva será bastante reducido, moi inferior ao habitual
          (en algún caso practicamente nulo), polo que o previsto nesta programación seguramente se aproxima máis á utopía que a
          realidade.
          Escenario en función da situación sanitaria: Ensino non presencial
          A experiencia acumulada durante o terceiro trimestre do curso pasado, os materiais e procedementos utilizados serán o que se
          empregue este curso, a falta de novas instrucións, materiais e/ou equipamento que nos aporte a Consellería de Educación.
          O profesorado, preferentemente a través da aula virtual do centro, determinará as tarefas a realizar polo alumnado garantindo a
          adquisición das aprendizaxes básicas e a avaliación continua.
          Dado que se usarán usar procedementos non presencias estase na obriga de usar os medios de comunicación sincrónica e asincró-
          nica dos que dispoña o profesorado e o alumado: videoconferencia (usando Webex, Skype, Zoom, Hongouts, …) e tamén correo
          electrónico, Skype (en formato chat, e para intercambiar documentos), canles de Telegram, …
          Hai que ter en conta as limitacións xeográficas e de equipamento, así como a saturación das redes que, en determinados momen-
          tos, dificultan ou impiden o uso de medios telemáticos.
          Segundo as características e posibilidades:
          •    Farase uso de libros electrónicos e material en formato pdf para poder ser descargado dispoñibles na aula virtual e/ou na
              web.
          •   Usaranse cuestionarios a través da aula virtual.
          •    Faranse videoconferencias periódicas usando Webex, Skype, Zoom, Meet, …
          •   Daranse explicacións teóricas importantes de cada novo tema, e algunhas poderán subirse a plataformas de difusión web
              como YouTube.
          •   Faranse exercicios e traballos que se remitirán por correo ou usando a aula virtual.
          •   Realizaranse modelos de exames de ABAU e de probas de outros cursos.
          •   Usarase Kahoot para que, a través dun test, se poda avaliar o grao de comprensión do alumnado sobre os novos conceptos.
          •   Faranse probas e exercicios da web www.matematico.es, www.testeando.es, …
          •   Traballaranse actividades recollidas nos documentos dispostos na web da Xunta de Galicia para a Educación Secundaria
              Obrigatoria para Persoas Adultas: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/23204.
          Tódolos escenarios en función da situación sanitaria: Atención á diversidade
          Colaborarase en todo o que solicite e programe o Departamento de Orientación e as Xefaturas de Estudos.
   1   2   3   4   5   6   7   8   9   10   11