Page 5 - Programación de Matemáticas
P. 5

5
          Programación xeral do Departamento de Matemáticas (006)
                                                                                       IES As Mariñas



          Estándares de aprendizaxe non abordados no curso 2019-2020, para os estudos que teñen continuidade
          académica (Covid-19)
          Os seguintes enlaces permiten acceder ao anexo coa relación de estándares non abordados para os estudos que teñen continuidade
          académica; polo tanto, non se relacionarán os estándares non abordados dos segundos cursos de bacharelato; tampouco se enga-
          den os referidos á ESOA I e III por ser estudos rematados antes do 13 de marzo de 2020.
                          Estándares non abordados referidos aos cursos e estudos que teñen continuidade académica
                      Educación Secundaria Obrigatoria (ESO)          Bacharelato (RO e RA)     Educación Secundaria
                                 ESO 3º           ESO 4º       Réxime ordinario   Réxime de adultos   para persoas adultas
           ESO 1º   ESO 2º
                           Mate. Acad.  Mate. Aplic.  Mate. Acad.  Mate. Aplic.   Mate. I   M. Apl. I   Mate. I   M. Apl. I   ESA II   ESA IV
             177     179      180     182      184     185      186     187      189     190      192     195
          Escenario en función da situación sanitaria: Ensino presencial ou semipresencial
          A actividade lectiva presencial ou semipresencial estará, evidentemente, marcada polo Covid-19 e as limitacións que as medidas
          de prevención requiren. No que segue faise unha breve análise do que pode afectar á docencia efectiva a aplicación dalgunhas
          medidas xerais de protección individual indicadas no protocolo de adaptación ao contexto Covid.
          Medidas xerais de protección individual
          Hixiene de mans: lavado frecuente e meticuloso das mans con auga e xabón, durante polo menos 40 segundos, ou con solucións
          hidro alcohólicas, durante polo menos 20 segundos, no seu defecto. Á entrada e saída do centro, esixencia a todas as persoas
          (persoal do centro, familias e visitantes) da realización da hixiene de mans con verificación visual do seu correcto cumprimento.
          No caso do alumnado verificarase a realización unha vez sentados na aula.
          •   O tempo preciso para o lavado de mans, entre que se abre o grifo e se colle o xabón, máis 40 segundos de lavado, máis o
              enxaugue e secado de mans ocupa un mínimo de 1 minuto; o uso de solucións hidro alcohólicas leva a metade.
          •   Dado que o alcohol deshidrata a pel, o uso frecuente e repetitivo de solucións alcohólicas afecta á epidermis en varias
              formas: sequedade e aparición de gretas, eczema irritativo, eczema alérxico de contacto, dermatitis de contacto e alteración
              do microbioma (alteración que propiciaría malos cheiros, fungos ou infeccións de uñas, …). Por iso, o uso de solucións
              hidro alcohólicas non debe ser a opción preferente para a hixiene de mans.
          O labor docente do departamento de matemáticas desenvólvese (casi) exclusivamente nos edificios A e B.
          Edificio A. A primeira planta ten 4 aulas grandes, tres aulas pequenas, a aula de debuxo, a aula de plástica e os laboratorios de
              Física e Química (de tamaño reducido), polo que sempre haberá un mínimo de 7 grupos con clase nesa planta (cun mínimo
              de 140 alumnos e ata 240 alumnos); dispón de dous baños (diferenciados por sexos); poden lavar as mans simultaneamente
              un máximo de 3 alumnos e 3 alumnas (6 en total), se o alumnado estuvera perfectamente distribuído por sexos e organizado
              como nunha cadea de producción e así o lavado de mans levaría entre 24 e 40 minutos, ou a metade se se usara xel hidro
              alcohólico. Nas aulas parte do alumnado tardará ese tempo en incorporarse.
          Edificio A. A segunda planta ten 5 aulas grandes, dúas aulas de informática, dúas aulas pequenas e os laboratorios de Bioloxía
              e Xeoloxía, polo que sempre haberá un mínimo de 7 grupos con clase nesa planta (entre 140 e 240 alumnos); dispón de
              dous baños (diferenciados por sexos); poden lavar as mans simultaneamente un máximo de 3 alumnos e 3 alumnas e se o
              alumnado estuvera perfectamente distribuído por sexos e organizado como nunha cadea de producción o lavado de mans
              levaría entre 24 e 40 minutos, ou a metade se se usara xel hidro alcohólico. Nas aulas parte do alumnado tardará ese tempo
              en incorporarse.
          Edificio B. Só dispón de dous baños na planta baixa para servicio de todo o edificio (4 aulas grandes e 1 pequena máis 6 aulas
              grandes na planta superior) o que implica que sempre haberá arredor de 200 alumnos neste edificio, e só poden lavar as
              mans simultaneamente un máximo de 4 discentes, polo que o lavado de mans implicaría un mínimo de 50 minutos se o
              alumnado estuvera perfectamente distribuído por sexos e organizado como nunha cadea de producción, ou a metade se
              se usara xel hidro alcohólico.
          Outros edificios teñen circunstancias iguais ou peores, pero o alumnado que estuda neles non está atendido polo profesorado do
              departamento de matemáticas.
          •   As instruccións Covid-19 indican que a hixiene de mans debe facerse á entrada e á saída (con verificación visual do seu
              correcto cumprimento); o tempo desa verificación na aula levará un mínimo de 5 minutos. Este proceso debe repetirse
              varias veces ao día (entrada e saída, volta do recreo, …).
          •   O alumnado ten que realizar hixiene de mans frecuentemente, sobre todo despois de tocar secrecións respiratorias (esbirrar,
              tusir, uso de panos) e/ou obxectos con posibilidade de estar contaminados, así como antes e despois de comer ou usar os
              aseos, feito que producirá unha considerable perda de tempo de docencia efectiva.
          •   Por falta de experiencia non temos valorado o tempo que se tardará en hixienizar a mesa do docente, proxector, equipo
              informático (CPU, monitor, teclado, rato, … que está nela), o tempo que se tarda en abrir as portas, ventás e persianas antes
              de saír da clase e pechalas ao volver, … cando o alumnado segue na aula e é o docente o que acude a ela.
          •   Tampouco temos estimado o tempo que se tardará en desinfectar as mesas do alumnado cando el é o que cambia de aula
              entre clases, ….
   1   2   3   4   5   6   7   8   9   10