Page 9 - Programación de Matemáticas
P. 9
9
1. Currículo § 1
IES As Mariñas
1. CURRÍCULO
INTRODUCIÓN
As accións educativas que se levan a cabo nos centros de ensinanza responden xeralmente a unha planificación, que pode ser
máis ou menos explícita. Calquera planificación concernente ao proceso de ensinanza e aprendizaxe debe suscitar unhas cues-
tións básicas:
PARA QUE E QUE ENSINAR
cales son as intencións educativas ou obxectivos e cales son os contidos que o alumnado debe aprender.
CANDO SE DEBE ENSINAR
como ordenar e distribuír no tempo os obxectivos e mailos contidos educativos.
COMO ENSINAR
que metodoloxía e que medios empregar.
QUE, CANDO E COMO AVALIAR:
contidos, momentos e estratexias para a avaliación.
Durante a vixencia da Lei 14/1970, do 4 de agosto, xeral de educación e financiamento da reforma educativa a maioría das
decisións que se tomaban nun centro de ensinanza en relación con cada unha destas cuestións estaban case totalmente condicio-
nadas polas disposicións e a normativa establecidas pola Administración. Na mesma liña, os plans de estudio que se impartiron
nos centros foron habitualmente fiel reflexo dos programas e criterios fixados pola Administración. Así pois, na maioría dos
casos, a capacidade de manobra dos equipos docentes nos centros viuse limitada a pouco máis que á distribución do profesorado
por cursos e materias e á selección de libros de texto.
Pero tamén é certo que, sexa máis ou menos elevado o grao de participación do profesorado na determinación do plan de estudios
do centro, no quefacer diario tómanse constantemente decisións que constitúen respostas ás preguntas curriculares: que, cando
e como ensinar e que, cando e como avaliar.
No ensino LOXSE, o Deseño Curricular Base elaborado pola Administración tivo un certo grao de apertura e de flexibilidade,
de tal xeito que o currículo (o plan de estudios) que debe desenvolverse nos centros non está totalmente determinado. O Deseño
Curricular Base deixa pendentes unha ampla marxe de decisións curriculares para que sexan tomadas polo profesorado de cada
centro de ensinanza. Cada equipo de profesores deberá chegar a acordos respecto a: contextualización dos obxectivos xerais de
cada etapa e dos obxectivos xerais e contidos de cada área; obxectivos xerais de área para cada ciclo; secuencia dos contidos;
criterios metodolóxicos, sobre materiais curriculares, de avaliación e de promoción do alumnado. Así, o Proxecto Curricular de
Centro (PCC) é o instrumento que facilita a toma de decisións por parte do profesorado a partir das preguntas básicas do currículo.
Este instrumento permitirá que as decisións sexan o máis adecuadas posible ás necesidades educativas do alumnado, ás cualida-
des profesionais do equipo docente e ós medios de que se dispón. Pódese definir o Proxecto Curricular de Centro como
o conxunto de decisións tomadas polo equipo docente dun centro educativo, concretando o Deseño Curricular Base
(DCB) e adecuándoo a un contexto específico, co fin de dotar de maior coherencia a intervención didáctica do profe-
sorado.
A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (BOE do 4 de maio de 2006) indica no seu artigo 1 que o sistema
educativo español, configurado de acordo cos valores da Constitución e asentado no respecto aos dereitos e liberda-
des recoñecidos nela, inspírase, entre outros, no principio da flexibilidade para adecuar a educación á diversidade
de aptitudes, intereses, expectativas e necesidades do alumnado, así como aos cambios que experimentan o alum-
nado e a sociedade (Art.1.f), e na autonomía para establecer e adecuar as actuacións organizativas e curriculares no
marco das competencias e responsabilidades que corresponden ao Estado, ás comunidades autónomas, ás corpora-
cións locais e aos centros educativos (Art. 1.i), e a Lei Orgánica 8/2013, de 9 de decembro, para a mellora da calidade
educativa (BOE do 10 de decembro de 2013) (LOMCE), non alterou os principios antes citados.
A táboa seguinte reflicte a maneira como se concretan as cuestións curriculares básicas:
DCB PCC PA
Deseño Curricular Base Proxecto Curricular de Centro Programación de aula
ÁMBITO
MEC/Comunicade Autónoma Centro Educativo Departamentos Departamentos Profesores
• Obxectivos xerais do sistema educativo e de
cada etapa. • Obxectivos xerais de cada etapa. • Obxectivos didácticos.
PARA QUE E QUE ENSINAR • Obxectivos xerais de cada área.
• Obxectivos xerais de cada área. • Contidos.
• Contidos de cada área. • Contidos de cada área.