Page 12 - Programación de Matemáticas
P. 12

12
                    § 3                  Contribución das áreas e materias adscritas ao departamento ao logro das competencias clave
                         IES As Mariñas


          O desenvolvemento da materia a partir dunha perspectiva inter e intradisciplinar tamén se levará a cabo a través de actitudes e
          valores coma o rigor, a curiosidade científica, a perseveranza, a cooperación e a responsabilidade.
          O desenvolvemento das experiencias de traballo na aula buscará a alternancia entre os dous grandes tipos de estratexias: expo-
          sitivas e de indagación. De gran valor para o tratamento dos contidos resultarán tanto as aproximacións intuitivas coma os de-
          senvolvementos graduais e cíclicos dalgúns contidos de maior complexidade.
          Para facilitar a asimilación dos contidos, a metodoloxía apoiarase en recursos materiais; entre eles, medios manipulativos xeo-
          métricos, calculadoras (científicas e gráficas), follas de cálculo e diferentes ferramentas informáticas: GeoGebra, Desmos, …

          3. COMPETENCIAS CLAVE
          O Decreto 86/2015, no artigo 3, remarca as competencias clave:

            Comunicación lingüística (CCL).                   Aprender a aprender (CAA).
            Competencia matemática e competencias básicas en cien-   Competencias sociais e cívicas (CSC).
              cia e tecnoloxía (CMCCT).                        Sentido de iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE).
            Competencia dixital (CD).                         Conciencia e expresións culturais (CCEC).

          O Decreto 86/2015 tamén indica que a descrición das relacións entre as competencias, os contidos e os criterios de avaliación na
          educación secundaria obrigatoria e no bacharelato será a establecida de conformidade coa Orde ECD/65/2015, do 21 de xaneiro,
          pola que se describen as relacións entre as competencias, os contidos e os criterios de avaliación da educación primaria, da
          educación secundaria obrigatoria e do bacharelato.
          —  Con respecto ás competencias básicas (anteriores á Lei 8/2013), debe subliñarse que coa nova redacción o sentido das
              competencias refírense á capacidade para facer algo, á adquisición de destrezas para resolver problemas, e perderon o
              sentido integrador das competencias básicas que tiñan antes da Lei 8/2013, como desenvolvemento de aprendizaxes que
              faciliten a realización persoal.
          —  O artigo 5 do Decreto 86/2015 indica que os centros docentes desenvolverán e complementarán, de ser o caso, o currículo
              e as medidas de atención á diversidade establecidas pola consellería con competencias en materia de educación, adaptán-
              doas ás características do alumnado e á súa realidade educativa, coa finalidade de atender todo o alumnado. Así mesmo,
              arbitrarán métodos que teñan en conta os diferentes ritmos de aprendizaxe do alumnado, favorezan a capacidade de aprender
              por si mesmo e promovan o traballo en equipo.
             Dado que nos anexos antes citados do Decreto 86/2015, para cada bloque de contidos, están especificados por parte da
              Xunta os estándares de aprendizaxe avaliables, sobre os que se deseñarán as avaliacións externas ou reválidas —cuxa
              superación é imprescidible para obter os títulos de ESO e/ou bacharelato—, a adaptación ás características do alumnado e
              á súa realidade educativa do recollido nese decreto amósase con pouco percorrido e, como mínimo, moi complexa.
          CONTRIBUCIÓN DAS ÁREAS E MATERIAS ADSCRITAS AO DEPARTAMENTO AO LOGRO DAS COMPETENCIAS CLAVE
          No desarrollo feito para cada curso adxúntase a contribución á adquisición das competencia clave previstas para a o tipo de
          estudos e curso.
          O currículo da área de matemáticas, xunto co das demais áreas curriculares, debe ser o instrumento que concrete, a través da
          consecución dos seus propios obxectivos, da selección de contidos e da metodoloxía empregada, como se contribuirá á adquisi-
          ción, por parte do alumnado, dos coñecementos, destrezas e actitudes implícitos naquelas competencias.
          As matemáticas non son só un fin en si mesmo, senón un medio para que o alumnado logre a consecución de competencias
          ligadas á comunicación lingüística (CCL), á competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCCT),
          á competencia dixital (CD), a aprender a aprender (CAA), ás competencias sociais e cívicas (CSC), ao sentido de iniciativa e
          espírito emprendedor (CSIEE) e á conciencia e expresións culturais (CCEC).
          Ninguén dubida de que a linguaxe natural, oral e escrita, é un instrumento de aprendizaxe e de comunicación de saberes sen o
          que dificilmente se progresa. É necesario que todos o alumnado aprenda a verbalizar os conceptos, a facer explícita unha idea, a
          redactar un escrito ou a expoñer un argumento. Adquirir esta competencia supón aprender lingua cando se usa en situacións e
          contextos de comunicación diversos. Un de tales contextos é o que proporciona a área de matemáticas. Pero, ademais, a comu-
          nicación lingüística na área de matemáticas ten características propias como son a súa precisión, a súa concisión e a súa falta de
          ambigüidade, e o dispoñer de símbolos propios e de diferentes rexistros de linguaxe (numérica, alxébrica, gráfica …) que están
          destinados a conseguir expresar claramente acontecementos presentes na vida cotiá.
          Na sociedade actual impóñense outras fontes de información, os medios audiovisuais e as TIC, polo que é necesario que o
          alumnado adquira as habilidades para buscar, obter, procesar e comunicar a información para transformala en coñecemento,
          mantendo en todo momento unha posición crítica. O profesorado non se limitará, polo tanto, a ser a única fonte de información,
          senón que ten que ensinalo a buscar información relevante nos procesos de ensinanza e de aprendizaxe
   7   8   9   10   11   12   13   14   15   16   17