Page 5 - Programación de Matemáticas
P. 5

5
          Departamento de Matemáticas                                                              § 0
                                                                                       IES As Mariñas



          —  Alumnado que non participa en ningunha actividade telemática, por carencia de medios, desinterés, …
          —  Alumnado que non puido ser contactado dende o instituto (maioritariamente de educación para persoas adultas) por carecer
              de teléfono, conta de correo, e mesmo, ter dificultades para comunicarse en galego e castelán.
          En xeral, a cualificación final obterase da seguinte maneira:
            Será o promedio dos resultados obtidos das probas realizadas sobre a materia impartidas antes do confinamento (que en
              moitos casos coincidirá aproximadamente co promedio das dúas primeiras avaliacións).
              Hai que ter en conta que, en bastantes casos, o día 13 de marzo había materia impartida e non avaliada de xeito presencial,
              e que a cualificación da segunda avaliación, para estes casos, se fixo «por imperativo legal» e carece da valoración global
              do trimestre; nestes casos sería inadecuado o uso do promedio das notas das avaliacións, debendo acudir ademáis a resul-
              tados de probas ou actividades telemáticas referidas á parte da materia impartida e non avaliada que se plantexen.
            O promedio obtido no punto anterior poderá incrementarse ata 1 punto segundo o resultado obtido das actividades telemá-
              ticas que cada membro do departamento propoña, en función das características do curso/grupo e materia.
            No caso de que o promedio citado no punto  xunto co incremento citado no punto  non acadara o nivel de aprobado
              terá que realizar as actividades ou probas telemáticas que se lle propoñan; no caso de non superalas ou non realizalas terá
              que presentarse á convocatoria extraordinaria de setembro, que se espera que sexa presencial.
          Proba extraodinaria de setembro
          A proba extraordinaria de setembro será sobre a totalidade da materia impartida ata o día 13 de marzo de 2020.
          Alumnado de materia pendente de cursos anteriores
          Criterios de avaliación
          Preséntanse, basicamente, os seguintes casos:
            Alumnado que foi realizando ao largo do curso as actividades e probas correspondentes á materia pendente e as superou
              ata o 13 de marzo. Este alumnado considérarase que ten superada a materia pendente de cursos anteriores.
            Alumnado que foi realizando ao largo do curso as actividades e probas correspondentes á materia pendente e non superou
              a materia ata o 13 de marzo. Neste caso terá que facer unha proba global da materia pendente antes da avaliación ordinaria;
              nesta proba poderá ser eximido de realizar as partes da mesma que teña xa superadas.
            Alumnado que ao largo do curso non fixo as actividades ou probas correspondentes á materia pendente. Neste caso terá
              que facer unha proba global da materia pendente antes da avaliación ordinaria.
          Criterios de cualificación
          Como se indica no apartado anterior, o alumnado que ao largo do curso foi facendo as actividades e probas correspondentes a
          materia pendente e as superou, estará aprobado.
          O resto do alumnado deberá facer unha proba telemática, que se deseñará en función das características do alumnado e dos
          medios tecnolóxicos dispoñibles. O alumnado que teña parte da materia superada poderá ser eximido de realizar as partes da
          proba referidos a materia que teña xa superada.
          Procedementos e instrumentos de avaliación
          O alumnado que foi realizando ao largo do curso as actividades e probas correspondentes á materia pendente e as superou ata o
          13 de marzo non ten que facer nada.
          O resto do alumnado fará unha proba telemática e, se é posible, mediante unha videoconferencia para tentar confirmar a autoría
          da persoa que realiza a proba, e que a fai sen axuda externa. Hai que remarcar que telematicamente é  imposible garantir a autoría
          do examinando, así como que non recibe axuda externa doutras persoas ou entidades académicas.
          Esta proba terá as caracerísticas que se consideren máis adecuadas:
          —  Poderá contar con preguntas orais.
          —  Poderá ser tipo test, para facilitar a entrega das solucións.
          —  ...
          METODOLOXÍA E ACTIVIDADES DO 3º TRIMESTRE (RECUPERACIÓN, REFORZO, REPASO, E NO SEU CASO AMPLIACIÓN)
          Actividades
          Durante este perídos, e atendendo ás características do alumnado, poderá facerse:
          —  Actividades de recuperación e consolidación de todo o impartido ata o 13 de marzo de 2020.
          —  Actividades de recuperación e reforzo utilizando os materiais dixitais procedentes do libro de texto SM.
          —  Actividades de elaboración propia para recuperación, ampliación e reforzo.
          —  Actividades collidas dos materiais ofertados na web da Xunta de Galicia para a Educación Secundaria Obrigatoria para
              Persoas Adultas: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/23204
   1   2   3   4   5   6   7   8   9   10