Page 4 - Programación de Matemáticas
P. 4

4
                    § 0                                            Estándares de aprendizaxe e competencias imprescindibles
                         IES As Mariñas


          ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE E COMPETENCIAS IMPRESCINDIBLES
          Os estándares de aprendizaxe e as competencias imprescindibles proceden do Decreto 86/2015 e nin no citado decreto nin na
          Orde do 20 de marzo de 2018 pola que se regula a educación básica para as persoas adultas nin na Orde do 15 de xullo de 2015
          para as materias de libre configuración autonómica adscritas ao departamento de matemáticas se baralla a posibilidade de que
          haxa uns estándares máis significativos ou máis importantes caos outros.
          A idea de que a nivel individual —ou de instituto— se podan considerar uns cuantos estándares como imprescindibles implica,
          necesariamente, considerar aos outros como prescindibles; se esta idea de que cada individuo ou pequeno colectivo pode obrar
          considerando que só uns puntos da normativa legal son imprescindibles a aplicáramos, por exemplo, ao código de circulación en
          vez de ao Decreto 86/2015, o tráfico sería caótico.
          Dado que os obxectivos, contidos, criterios de avaliación e competencias clave nas que se incide cada parte das materias adscritas
          ao departamento, e que figuran na programación son as recollidas no Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o
          currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 29 de xuño de
          2015), na Orde do 20 de marzo de 2018 pola que se regula a educación básica para as persoas adultas e se establece o seu
          currículo na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 12 de abril de 2018) para a Educación secundaria para persoas adultas
          e na Orde do 15 de xullo de 2015 pola que se establece a relación de materias de libre configuración autonómica de elección
          para os centros docentes nas etapas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, e se regula o seu currículo e a súa oferta
          (DOG do 21 de xullo de 2015) para a materia de Métodos Estatísticos e Numéricos,  tódolos estándares de aprendizaxe e as
          competencias asociadas recollidas na programación deben considerarse todos imprescindibles.
          Nun anexo relacionanse por curso e grupo os estándares de aprendizaxe e as competencias asociadas que non se valoraron antes
          do 13 de marzo de 2020 e susceptibles de valorarse no terceiro trimestre.

          AVALIACIÓN E CUALIFICACIÓN
          Avaliación
          Procedementos
          Os procedementos que se van utilizar neste período ten que ser forzosamente non presenciais. Segundo as características, dispo-
          ñibilidades e equipamento do profesorado e alumnado, empregarase:
          —  Explicacións teóricas importantes de cada novo tema que estarán subidas a unha plataforma de YouTube.
          —  Uso de libros electrónicos e material en formato pdf para poder ser descargado dispoñibles na aula virtual e/ou na web.
          —  Probas telemáticas tipo test, para posibilitar a fácil entrega das respostas, que se poderán mandar por correo, skype ou
              mediante unha foto por calquera medio de comunicación. Todo o alumnado estará en posesión dunha ficha de respostas
              autoeditable, que pode descargar da aula virtual ou da web do departamento ou da canle de Telegram.
          —  Cuestionarios a través da aula virtual.
          —  Kahoot para que, a través dun test, se poda avaliar o grao de comprensión do alumnado sobre os novos conceptos.
          —  Valoración dos traballos cooperativos a través do Google Drive ou de exercicios da páxina www.matematico.es.
          —  Valoración da participación nas videoconferencias.
          Instrumentos
          Dado que imos usar procedementos non presencias, estamos na obriga de usar os medios de comunicación sincrónica e asincró-
          nica dos que dispoña o profesorado e o alumado: videoconferencia (usando Webex, Skype, Zoom, Hongouts, …) e tamén correo
          electrónico, Skype (en formato chat, e para intercambiar documentos), canles de Telegram, …
          Hai que ter en conta as limitacións xeográficas e de equipamento, así como a saturación das redes que, en determinados momen-
          tos, dificultan ou impiden o uso de medios telemáticos.
          Usaranse, segundo as características e posibilidades:
          —  Videoconferencias periódicas usando Webex, Skype, Zoom, Meet, …
          —  Exercicios e traballos que se remiten por correo ou usando a aula virtual.
          —  Realización de modelos de exames de ABAU e de probas de outros cursos.
          —  Kahoot.
          —  Probas e exercicios da web www.matematico.es, www.testeando.es, …
          —  Actividades recollidas nos documentos dispostos na web da Xunta de Galicia para a Educación Secundaria Obrigatoria
              para Persoas Adultas: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/23204
          Cualificación final
          A cualificación final virá determinada, basicamente, polo realizado antes do período de confinamento. A casuística, a partir dese
          momento, é enorme:
          —  Alumnado que segue de xeito habitual as clases telemáticas, realizando as actividades propostas, ...
          —  Alumnado que segue parcialmente as actividades telemáticas, por dificultades técnicas ou desinterés.
   1   2   3   4   5   6   7   8   9