Page 3 - Programación de Matemáticas
P. 3

3
          Departamento de Matemáticas                                                              § 0
                                                                                       IES As Mariñas



          DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS

          PROGRAMACIÓN DO CURSO 2019-2020 — ADAPTACIÓN AO COVID-19 SEGUNDO AS INSTRUCIÓNDO 27 DE ABRIL DE 2020
          A presente adaptación da programación do Departamento de Matemáticas faise para as asignaturas, áreas e materias nas que ten
          competencia docente o Departamento de Matemáticas dos estudos que se imparten no IES As Mariñas:
          ESO: Educación Secundaria Obrigatoria: asignatura de Matemáticas, Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Académicas e Ma-
              temáticas Orientadas ás Ensinanzas Aplicadas.
          Bacharelato: Matemáticas I e II, Matemáticas aplicadas ás Ciencias Sociais I e II e Métodos Estatísticos e Numéricos.
          ESOA: Educación Secundaria Obrigatoria para persoas Adultas: ámbito Científico-tecnolóxico.
               Membros do departamento con destino definitivo          Profesorado con destino provisional

          MA1 — José Ricardo López Saavedra                  MA4 — Sofía Cendán Castillo
          MA2 — Emilia María López González                  MA5 — María José Fraga Fompedriña
          MA3 — Mercedes González Otero                      TX2 — María Teresa Rego Sanmartín



          ESQUEMA DA ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN INDICADO POLA ADMINISTRACIÓN
            Dificultades  .............................................................................................................................................................................. 3

            Estándares de aprendizaxe e competencias imprescindibles  ................................................................................................... 4
                   Anexo cos estándares de aprendizaxe e compentencias non impartidos o día 13/03/2020  ......................................... 7

            Avaliación e cualificación  ....................................................................................................................................................... 4
            Metodoloxía e actividades do 3º trimestre (recuperación, reforzo, repaso, e no seu caso ampliación)  ................................... 5
            Información e publicidade  ....................................................................................................................................................... 6



          DIFICULTADES
          Hai que ter en conta a existencia de varios handicap:
          —  Alumnado ao que é imposible acceder ou que non pode participar e ningunha actividade de xeito non presencial.
          —  Alumnado que cursa Educación Secundaria Obrigatoria para persoas Adultas (ESOA) nos grupos de segundo e cuarto que,
              no momento do confinamento, acababan de comezar o curso.
          —  Unha parte significativa do alumnado, especialmente na ESOA, carece de teléfono e/ou correo electrónico, carece de habi-
              lidades sociais para o uso de videoconferencias e mesmo ten dificultades para comunicarse en castelán ou galego.
          —  A meirande parte das empresas facilitadoras de contas de correo electrónico gratuíto  (@gmail.com, @outook.com, …)
              esixen unha idade mínima de 13/14 anos para ter unha conta de correo e, consecuentemente, o seu uso por menores desa
              idade (aínda que conten coa autorización dos titores legais) é cuestionable; o mesmo pasa co uso doutras redes sociais ou
              de videoconferencia.
          —  Ao largo do curso moitos alumnos cambian de número de teléfono e de conta de correo electrónico; algúns mesmo teñen
              contas de correo compartidas ou usan temporalmente o número de teléfono ou a conta de correo dalgún familiar ou amigo
              e, en bastantes casos, non advirten dos cambios nos servizos administrativos do instituo, polo que é imposible contactar
              con ese alumnado.
              Para tentar subsanar o indicado antes e de cara a unha futura ampliación da teledocencia, é conveniente que cada alumno,
              no momento da matrícula, abra ou confirme unha conta de correo dentro do dominio da Xunta, para non infrinxir ningunha
              normativa legal por idade e ter a seguridade en canto ás contas de correo que se poden utilizar para a teledocencia e para
              comunicacións dende o instituto.
   1   2   3   4   5   6   7   8