Page 2 - Galicia IRPF
P. 2

A Axencia Tributaria publica anualmente (dende o 2013) a Estatística dos Declarantes de IRPF por Municipios (EDM), publicación que recolle un dos
     conceptos económicos que máis interese e peticións de información estatística suscita nos últimos anos: o coñecemento dos niveis de renda a nivel
     municipal .
     Varios organismos publican estudos sobre este tema: o Instituto Nacional de Estatística (INE) publica un, o Instituto Galego de Estatística (IGE) outro, ...
     ofertando datos dispares uns dos utros, xa que nos cálculos usan fontes distintas.
     O EDM usa os datos dos que dispón a Axencia Tributaria independentemente de que se graven ou non na declaración do IRPF. Vexamos como.
     — Nas declaracións de IRPF hai un conxunto de axustes e convencións na liquidación do imposto que distorsionan o concepto de renda persoal en senti-
     do económico, como son as reducións legais, os mínimos persoais e familiares, os gastos deducibles, imputacións inmobiliarias e regras de valoración,
     ...
     — Nas declaracións de IRPF hai unhas rendas e prestacións exentas (incapacidade permanente, indemnizacións por razón de despedimento, discapaci-
     dade, axuda á dependencia, ...), que son ingresos comunidados á Axencia Tributaria, pero ao non estar gravadas exclúense do ficheiro de imputación
     do que se extraen os datos fiscais e, polo tanto, as declaración infravaloran a renda bruta dos declarantes do imposto.
     Para corrixir estas limitacións, a Estatística dos declarantes de IRPF por Municipios (EDM) ofrece unha perspectiva integral (tanto rendas suxeitas ao im-
     posto como exentas) da renda persoal bruta (antes de reducións, mínimos e gastos deducibles) das persoas declarantes. Non pode interpretarse a ren-
     da media por declaración nin como renda individual nin como renda por fogar ou familia en sentido estrito, xa que dependerá da modalidade de declara-
     ción (individual ou conxunta) elexida por cada unidade familiar. Non obstante, a estatística incorpora como información adicional o número total de titu-
     lares declarantes e de declaracións presentadas. Así resulta que a Renda Bruta Media (RBM) declarada é superior á base liquidable media do IRPF.
     As fontes informativas utilizadas na EDM son o modelo 100 de declaración anual do IRPF e o resumo anual 190 de retenciones e ingresos a conta para
     as rendas exentas. A estatística faise a nivel nacional, por Comunidade Autónoma, provincia ou concello de máis de 1000 habitantes .
     Con esta aproximación, a renda bruta media resulta ser unha variable da capacidade económica libre de distorsións fiscais e, sobre todo, cun carácter
     bastante atemporal e estable no tempo, xa que non se ve afectada polos distintos cambios na fiscalidade de base impoñible aprobados para cada exerci-
     cio fiscal.
     O denominador que se usa para obter a renda bruta media é o número de declaracións . Vexámolo:











































     Dos datos publicados vese que no 2014 a renda bruta galega era de 21712 € e ese ano había 1484018 titulares e presentáronse 1264869 declaracións.
     Na provincia de A Coruña a renda bruta media foi de 22966 €, había 641383 titulares e presentáronse 545803 declaracións; a renda en Lugo foi de
     19335 con 188216 titulares e 162592 declaracións; ...
     Os concellos están ordenados pola maior renda bruta media no ano 2021. Así Oleiros, cunha renda bruta media de 39041 €, é o concello que no ano
     2021 ten a maior renda bruta media de Galicia e tamén ocupa a 1ª posición con respecto á provincia; no ano 2014 cunha renda bruta media de 36516 €,
     ocupaba a 1ª posición con respecto a Galicia e a 1ª posición con respecto á provincia; a súa renda no 2014 era o 168.2% superior á renda media galega
     e o 159.0% superior á renda media da provincia; no 2021 é o 151.8% superior á renda bruta media galega e o 143.6% superior á renda bruta provincial.
     Bergondo, cunha renda de 37915 € ocupa no 2021 a 2ª posición galega (un 147.5% superior á media galega) e a 2ª posición con respecto á provincia
     (un139.4% respecto á provincia); no 2014 ocupaba a 7ª posición con respecto a Galicia e a 6ª con respecto á provincia.
     Nigrán, cunha renda bruta media de 32009 € ocupa no 2021 a 3ª posición con respecto a Galicia e a 1ª con respecto á provincia; no 2014 ocupaba a 3ª
     posición galega e a 1ª posición provincial.
   1   2   3   4   5   6   7