Page 3 - Lugo_2014-2023. Explotación estatística do padrón
P. 3

Núcleos ou entidades de poboación
     Os núcleos ou entidades de poboación que se citan obtéñense da actualización dos núcleos e entidades de poboación que os Concellos
     realizan nos seus municipios e que, en cumprimento da lexislación vixente, comunican ao INE polo menos unha vez ao ano.
     A relación de núcleos de poboación contén a relación detallada das entidades e núcleos de poboación existentes a 1 de xaneiro de cada
     municipio, e as súas poboacións referidas a esa data.
     As poboacións foron calculadas a partir das cifras de poboación provenientes das Revisións anuais dos Padróns municipais, que son
     declaradas oficiais polo Goberno a proposta do INE, co informe favorable do Consello de Empadroamento, mediante Real Decreto.
     Hai que sinalar que ata o ano 2002, para algúns municipios o INE non dispuxo dos correspondentes ficheiros padroais, polo que para estes
     non se puido obter a poboación a nivel inferior ao municipal.


     Pensións contributivas da Seguridade Social
     Son prestacións económicas e de duración indefinida, aínda que non sempre, nas que a concesión está xeralmente supeditada a unha previa
     relación xurídica coa Seguridade Social (acreditar un período mínimo de cotización en determinados casos, ...), sempre que se cumpran os
     demais requisitos esixidos. A súa contía determínase en función das achegas efectuadas polo traballador e o empresario, se se trata de
     traballadores por conta allea, durante o período considerado para os efectos da base reguladora da pensión de que se trate.
     As clases de pensións son: incapacidade permanente, xubilación, morte e supervivencia.
     Para cada concello indícanse o número de pensionistas, a pensión media e mediana, con desagregación por sexo e tramo principal de idade
     para o último ano.


     Persoas afiliadas á Seguridade Social
     A afiliación ao Sistema da Seguridade Social é obrigatoria para todas as persoas incluídas no campo de aplicación da Seguridade Social e
     única para toda a vida da persoa traballadora e para todo o sistema, sen prexuízo das baixas, altas e demais variacións que con
     posterioridade á afiliación poidan producirse. É dicir, a persoa traballadora afíliase cando comeza a súa vida laboral e se dá de alta nalgún
     dos rexímenes do Sistema da Seguridade Social. Esta situación denomínase alta inicial . Se esa persoa cesa na súa actividade será dada de
     baixa pero seguirá afiliada en situación de baixa laboral. Se retoma a actividade producirase unha alta denominada alta sucesiva a efectos
     estatísticos, pero non terá que afiliarse novamente, dado que, como xa se indicou, a afiliación é única para toda a vida do traballador.
     Para as táboas de afiliacións á Seguridade Social facilitadas polo Ministerio responsable, contabilízanse o número de afiliacións e hai que
     ter en conta que o número de afiliacións non se corresponde necesariamente co de persoas traballadoras , senón co de situacións que
     xeran a obriga de cotizar. É dicir, a mesma persoa contabilízase tantas veces como situacións de cotización teña, xa sexa porque ten varias
     actividades laborais nun mesmo réxime ou en varios.
   1   2   3   4   5   6   7   8