Page 2 - Pontevedra 2013-2022. Explotación estatística do padrón
P. 2

INDICADORES BÁSICOS ESTUDADOS

    Ao falar dun concello sempre se pensa no seu tamaño, no número de habitantes que ten e, se é o caso, no nivel de riqueza do concello e dos
    habitantes que residen nel. Ao falar do número de habitantes dun concello sempre se acude ao Padrón Municipal.
    O Padrón Municipal é un rexistro administrativo onde constan os veciños do municipio. A súa formación, mantemento, revisión e custodia
    corresponde aos respectivos Concellos, quen remiten ao Instituto Nacional de Estatística (INE) as variacións mensuais que se producen nos
    datos dos seus padróns municipais. O INE, en cumprimento das súas competencias, realiza as comprobacións oportunas co fin de emendar
    posibles erros e duplicidades e obtén para cada municipio a cifra de poboación. O INE, co informe favorable do Consello de Empadroa-
    mento, eleva ao Goberno a proposta de cifras oficiais de poboación dos municipios españois referidas a 1 de xaneiro de cada ano, para a súa
    aprobación mediante real decreto, declarando así como oficiais as cifras de poboación resultantes da revisión do Padrón municipal e proce-
    dendo á súa publicación no Boletín Oficial do Estado.
    A revisión anual do Padrón Municipal publica, con referencia a 1 de xaneiro de cada ano, a poboación por sexo a nivel municipal, capitais de
    provincia, illas,.. As series comezan no ano 1996, punto de arranque do actual sistema de xestión padronal e cuxas cifras van referidas ao 1
    de maio sendo a Revisión a 1 de xaneiro de 1998 a primeira actualización en levar a cabo de acordo co actual sistema.
    QUE SE VE NA COLECCIÓN DE DOCUMENTOS?

    Vese para o último ano
    —  Número de residentes por idade, ano a ano.
    —  A densidade de poboación.
    —  A pirámide de poboación.
    —  O  número estranxeiros empadroados desglosados por sexo e nacionalidade (principais nacionalidades citadas polo INE).
    —  Noutra páxina, descríbese o número de residentes por núcleo ou entidade singular de poboación, desagregados por sexo.
    Evolución dos últimos 10 anos
    —  Número de residentes por grupo quinquenal de idade.
    —  Número de residentes segundo o lugar de nacemento.
    —  Evolución dos principais indicadores demográficos.
    —  Evolución da dispersión segundo o número de núcleos de poboación abandonados, con 3 ou menos residentes.
    —  Movemento natural da poboación.
    Nivel de riqueza
    —  O nivel de riqueza dos residentes vese coa evolución da Renda Bruta Media (RBM), que se calcula dividindo as rendas íntegras obtidas
        polos individuos (rendas do traballo, do capital mobiliario, capital inmobiliario, actividades económicas e outras rendas, e as rendas
        exentas) entre o número de declarantes para concellos de máis de mil habitantes. Úsanse os datos facilitados pola Axencia Tributaria
        dende o 2013.
    —  A riqueza do concello vese co PIB municipal per cápita. É unha macromagnitude económica que resume o volume da actividade pro-
        dutiva dos axentes que operan en cada concello (empresas, fogares, administracións públicas, etc.) producindo bens e servizos finais
        nun período de tempo determinado dividido entre o número de habitantes. O PIB depende do emprazamento de unidades produtivas
        nun concello pero o desenvolvemento da súa actividade pode non ter reflexo claro na renda dos fogares. Úsanse os datos que publica
        bianualmente o Instituto Galego de Estatística (IGE); os datos do 2020 aínda son provisionais.
    Evolución de 20 anos
    Considérase que unha xeración humana é o conxunto da xente que nace nun lapso de aproximadamente 20 anos durante o cal os nenos nacen
    e crecen, convértense en adultos e comezan a ter fillos; viven máis ou menos ao mesmo tempo, considerados colectivamente.
    —  Número de residentes por grupo quinquenal de idade.
    —  Número de residentes segundo o lugar de nacemento.
    —  Evolución dalgúns indicadores demográficos.
    —  Movemento natural da poboación.
    Evolución de estranxeiros empadroados
    —  Evolución do número de estranxeiros empadroados nos últimos 18 anos, desglosados por sexo e nacionalidade (principais nacionalida-
        des citadas polo INE).
    A CHAIRA
    Nunha páxina descríbese a evolución, durante 20 anos, da poboación da Terra Chá, globalmente e por concello, desagregada polos principais
    tramos de idade (educativo, laboral, xubilado).
    CONCEPTOS USADOS

    Núcleos ou entidades de poboación
    Os núcleos ou entidades de poboación que se citan obtéñense da actualización dos núcleos e entidades de poboación que os Concellos reali-
    zan nos seus municipios e que, en cumprimento da lexislación vixente, comunican ao INE polo menos unha vez ao ano.
    A relación de núcleos de poboación contén a relación detallada das entidades e núcleos de poboación existentes a 1 de xaneiro de cada muni-
    cipio, e as súas poboacións referidas a esa data.
    As poboacións foron calculadas a partir das cifras de poboación procedentes das Revisións anuais dos Padróns municipais.
   1   2   3   4   5   6   7