Page 2 - Matemáticas para bacharelato de adultos
P. 2

USO DE CALCULADORAS GRÁFICAS E PROGRAMAS DE COMPUTADOR
          Dentro dos estándares de aprendizaxe requeridos para a ESO e o Bacharelato está o uso de medios tecnolóxicos para a realiza-
          ción de cálculos numéricos, alxébricos ou estatísticos, para facer representacións gráficas, recrear ámbitos e obxectos xeomé-
          tricos, para tratar datos, extraer información, ... e elaborar documentos dixitais coas ferramentas adecuadas como resultado do
          proceso de procura, análise e selección da información relevante. Entre os contidos contémplase o uso de calculadoras gráficas
          e programas de computador.
          Atendendo ao anterior, no departamento de matemáticas do IES As Mariñas imos usar as calculadoras gráficas da marca Texas
          Instruments seguintes: TI-89, TI-89 Titanium, Voyage 200 e TI-nspire CAS/ TI-nspire CX CAS polos seguintes motivos:
          —  Son calculadoras con un sistema alxébrico computacional ou Sistema de Álxebra Computacional SAC (CAS, do inglés
              Computer Algebra System) e facilitan o cálculo simbólico.
          —  Teñen un prezo asequible.
          —  Pesan e consumen pouco, polo que poden transportarse facilmente, e usarse en calquera entorno.
          —  Son útiles para o ensino universitario, dado que polas súas características poden usarse no estudo de carreiras técnicas:
              enxeñerías, arquitectura, matemáticas, … como do ámbito das ciencias sociais: económicas, empresariais, …; tamén se
              poden utilizar para o estudo de FP.
          —  Dispoñen de emuladores gratuítos, e pode tamén descargarse gratuitamente o sistema operativo (ROM) das calculadoras
              da páxina web oficial de TI, polo que, de dispoñer de ordenador pode traballarse con estas calculadoras baixo un emula-
              dor, tanto no entorno Windows como Android.
          —  Son programabeis, polo que poden adaptarse ás necesidades particulares de cada alumno.
          —  Existen miles de programas gratuítos para estas máquinas, que van dende xogos ata aplicacións específicas para enxeñe-
              ría.
          —  Existen programas comerciais para estas máquinas, que aumentan a súa potencialidade.
                                Datos do software para ordenador e para calculadoras utilizado

          https://education.ti.com/en/us/downloads-and-activities?active=software
          —  Dende esta páxina —páxina oficial de Texas Instruments— poden descargarse gratuitamente os sistemas operativos para
              esas calculadora, programas, aplicacións flash, manuais de usuario das calculadoras, do software, …
          https://play.google.com/store/apps/details?id=com.Bisha.TI89EmuDonation
          https://play.google.com/store/apps/details?id=com.Bisha.TI89Emu
          —  Acceso ao emulador de diversas calculadoras para os dispositivos Android. Hai que descargar a ROM dende a páxina:
              https://education.ti.com/en/us/downloads-and-activities?active=software
          http://www.ticalc.org/
          —  Dende esta páxina poden descargarse miles de programas e utilidades para as calculadoras citadas: emuladores, utilida-
              des para windows, programas de aplicación, xogos, …
          http://www.dessci.com/en/products/mathtype/
          —  Páxina oficial dun editor de ecuacións que corre sobre o Word de Microsoft.
          http://www.corel.com/
          —  Páxina oficial de editores gráficos en formato vectorial, de mapas de puntos e técnicos.
          http://www.microsoft.com/es-es
          https://www.microsoft.com/es-es/download/details.aspx?id=15702 (Microsoft Mathematics)
          http://www.microsoft.com/es-es/download/details.aspx?id=36777 (Complemento Microsoft Mathematics 2013 para Word)
          —  Páxina oficial onde se pode obter o paquete Office (Word, Excel, …), Windows, Microsoft Mathematics, Vissio, ...
          http://www.geogebra.org/
          —  Páxina oficial de onde se pode descargar gratuitamente o GeoGebra, manuais do e aplicacións. É un un software mate-
              mático que posúe funcionalidades que exceden do concepto de procesador xeométrico.
          https://www.desmos.com/
          —  Páxina onde se pode acceder gratuitamente ao programa Desmos que permite, en local ou na web, a realización de gráfi-
              cas muy e a análise das mesmas.

           Recoñecemento de marcas rexistradas: as marcas aquí citadas, comerciais ou non, son marcas dos seus propietarios respec-
              tivos, e aquí son citadas co único fin de divulgación docente.
   1   2   3   4   5   6   7