Page 2 - Matemáticas para bacharelato de adultos
P. 2
USO DE CALCULADORAS GRÁFICAS E PROGRAMAS DE COMPUTADOR
Dentro dos estándares de aprendizaxe requeridos para a ESO e o Bacharelato está o uso de medios tecnolóxicos para a realiza-
ción de cálculos numéricos, alxébricos ou estatísticos, para facer representacións gráficas, recrear ámbitos e obxectos xeomé-
tricos, para tratar datos, extraer información, ... e elaborar documentos dixitais coas ferramentas adecuadas como resultado do
proceso de procura, análise e selección da información relevante. Entre os contidos contémplase o uso de calculadoras gráficas
e programas de computador.
Atendendo ao anterior, no departamento de matemáticas do IES As Mariñas imos usar as calculadoras gráficas da marca Texas
Instruments seguintes: TI-89, TI-89 Titanium, Voyage 200 e TI-nspire CAS/ TI-nspire CX CAS polos seguintes motivos:
— Son calculadoras con un sistema alxébrico computacional ou Sistema de Álxebra Computacional SAC (CAS, do inglés
Computer Algebra System) e facilitan o cálculo simbólico.
— Teñen un prezo asequible.
— Pesan e consumen pouco, polo que poden transportarse facilmente, e usarse en calquera entorno.
— Son útiles para o ensino universitario, dado que polas súas características poden usarse no estudo de carreiras técnicas:
enxeñerías, arquitectura, matemáticas, … como do ámbito das ciencias sociais: económicas, empresariais, …; tamén se
poden utilizar para o estudo de FP.
— Dispoñen de emuladores gratuítos, e pode tamén descargarse gratuitamente o sistema operativo (ROM) das calculadoras
da páxina web oficial de TI, polo que, de dispoñer de ordenador pode traballarse con estas calculadoras baixo un emula-
dor, tanto no entorno Windows como Android.
— Son programabeis, polo que poden adaptarse ás necesidades particulares de cada alumno.
— Existen miles de programas gratuítos para estas máquinas, que van dende xogos ata aplicacións específicas para enxeñe-
ría.
— Existen programas comerciais para estas máquinas, que aumentan a súa potencialidade.
Datos do software para ordenador e para calculadoras utilizado
https://education.ti.com/en/us/downloads-and-activities?active=software
— Dende esta páxina —páxina oficial de Texas Instruments— poden descargarse gratuitamente os sistemas operativos para
esas calculadora, programas, aplicacións flash, manuais de usuario das calculadoras, do software, …
https://play.google.com/store/apps/details?id=com.Bisha.TI89EmuDonation
https://play.google.com/store/apps/details?id=com.Bisha.TI89Emu
— Acceso ao emulador de diversas calculadoras para os dispositivos Android. Hai que descargar a ROM dende a páxina:
https://education.ti.com/en/us/downloads-and-activities?active=software
http://www.ticalc.org/
— Dende esta páxina poden descargarse miles de programas e utilidades para as calculadoras citadas: emuladores, utilida-
des para windows, programas de aplicación, xogos, …
http://www.dessci.com/en/products/mathtype/
— Páxina oficial dun editor de ecuacións que corre sobre o Word de Microsoft.
http://www.corel.com/
— Páxina oficial de editores gráficos en formato vectorial, de mapas de puntos e técnicos.
http://www.microsoft.com/es-es
https://www.microsoft.com/es-es/download/details.aspx?id=15702 (Microsoft Mathematics)
http://www.microsoft.com/es-es/download/details.aspx?id=36777 (Complemento Microsoft Mathematics 2013 para Word)
— Páxina oficial onde se pode obter o paquete Office (Word, Excel, …), Windows, Microsoft Mathematics, Vissio, ...
http://www.geogebra.org/
— Páxina oficial de onde se pode descargar gratuitamente o GeoGebra, manuais do e aplicacións. É un un software mate-
mático que posúe funcionalidades que exceden do concepto de procesador xeométrico.
https://www.desmos.com/
— Páxina onde se pode acceder gratuitamente ao programa Desmos que permite, en local ou na web, a realización de gráfi-
cas muy e a análise das mesmas.
Recoñecemento de marcas rexistradas: as marcas aquí citadas, comerciais ou non, son marcas dos seus propietarios respec-
tivos, e aquí son citadas co único fin de divulgación docente.