Page 3 - A Coruña 2003-2022. Explotación estatística do padrón municipal de habitantes
P. 3
A xeración Z (nacidos dende 1997 ata 2009/2010)
A xeración «Z», tamén se coñece como iGen ou Centennials. A diferenza dos membros da xeración anterior, os Millennials, os Centennials
creceron nun mundo altamente tecnolóxico e conectado. Caracterízanse pola súa habilidade para adaptarse rapidamente ás novas tecnoloxías.
A Xeración «Z» é a xeración máis diversa, coñecedora da tecnoloxía e emprendedora até a data. Tamén se lles considera máis conscientes e
comprometidos con temas sociais e ambientais. Con todo, aínda son demasiado novos para influír na sociedade dunha forma determinante.
O fenómeno histórico que marcou a esta xeración, os eventos globais foron máis influentes dentro dos individuos que forma parte deste gru-
po, foron a evolución e o desenvolvemento das redes sociais como instrumentos para comercializar e medios, para divulgar opinións.
A diferenza dos Millennials, a xeración Z é máis consciente da existencia das diferenzas sociais que existen na actualidade.
A xeración dos Alfa (dende o 2010 ata o 2025?)
Ate agora as xeracións definíanse a partir de sucesos históricos ou sociais importantes. Agora mesmo delimítanse polo uso de determinada
tecnoloxía. Xeración Alfa é o termo elixido para designar aos nados entre 2010 (ano no que Apple lanzou por primeira vez o Ipad) e 2025.
Son os nenos actuais.
A característica principal desta xeración é que son os primeiros nativos dixitais ao 100%. Isto quere dicir que verán o mundo a través dunha
pantalla. Dominarán á perfección o mundo dixital e moitos aspectos do mundo analóxico soaranlles a chinés.
A tecnoloxía xa ocupa un lugar fundamental na vida dos Millennials e os Z, pero para os Alfa será cada vez máis como unha extensión de si
mesmos: a tecnoloxía definirá o seu modo de relacionarse co mundo.
A crise financeira do 2008 e o xurdimento da pandemia global, son dous elementos puntuais que marcarán de modo significativo aos Alfas.
A maioría dos pais desta nova xeración son Millennials, isto quere dicir que medraron nun ambiente familiar onde os seus proxenitores se
preocuparon con máis frecuencia pola saúde e a seguridade. Isto é unha consecuencia directa do uso dos dispositivos electrónicos e a internet
como medio de comunicación que permite un acceso rápido e actualizado da información.
Algúns expertos especulan que isto os fará ter non soamente unha percepción bastante máis ampla do que é a tecnoloxía e a súa influencia
dentro do aspecto social e produtivo.