Page 2 - A Coruña 2003-2022. Explotación estatística do padrón municipal de habitantes
P. 2

XERACIÓNS / CONVIVENCIA INTERXERACIONAL
    Cando se fala dunha «xeración» estase a falar do conxunto de individuos que comparten idade e etapas vitais similares, considerados colecti-
    vamente, ao vivir os mesmos fitos históricos: educación, movementos sociais, políticos, desenvolvemento tecnolóxico, … nun determinado
    período de tempo.
    Existen, basicamente, dúas formas de agrupar as xeracións sociais e ningunha delas é máis válida ca outra. É dicir, dependendo dos fins para
    os que se cita ou dos investigadores que a citan pódese considerar unha ou outra.
      A primeira é a que, por exemplo, segue o Pew Research Center: considerar que cada x anos nace unha nova xeración. Consideran que
        nace unha nova xeración cada 15 ou 20 anos (polo menos en EE.UU.).
         Moitos expertos coinciden en que definir as xeracións por anos é o máis recomendable, é basearse en cálculos matemáticos que permi-
        tan estudar o comportamento dos individuos que pertencen ás xeracións sociais desde a súa infancia até a súa adultez temperá.
        Aquí consideraremos que unha xeración humana é o conxunto da xente que nace nun lapso de aproximadamente 20 anos durante o cal
        os nenos nacen e crecen, se converten en adultos e comezan a ter fillos; viven máis ou menos ao mesmo tempo, considerados colectiva-
        mente.
      A outra posibilidade de agrupar as xeracións é menos estrita que a primeira. Pódese considerar tamén que as xeracións se crean tras
        cambios profundos no contexto histórico, que son os que as provocarían a súa aparición e características. Por esta regra, hai que estable-
        cer diferenzas entre países: non podemos falar das mesmas xeracións en todo o mundo, nin nas mesmas datas.
    Xeracións con nome: xeración grandiosa, xeración silenciosa, baby boomers, xeración X, xeración Y, millennials ou
    xeración E, xeración Z, xeración Alfa, …
    Atendendo á segunda forma de agrupar as xeracións actualmente conviven as seguintes xeracións; os nomes das xeracións que conviven
    actualmente, coas datas aproximadas (distintas en cada entorno) que abranguen, son as seguintes:
    Xeración grandiosa (nacidos dende 1901 a 1914 e dende1915 ata 1927)
    Esta xeración divídese en dúas partes: 1901-1914 (xeración interbellum) e a propiamente grandiosa (1915-1925). Aínda que a subxeración de
    entreguerras forma parte da xeración grandiosa, esta caracterizouse porque os seus integrantes foron moi novos como para participar na Pri-
    meira Guerra Mundial (onde si participaron os seus pais) ou moi maiores para sumarse ás tropas na Segunda Guerra. A así chamada “verda-
    deira” xeración grandiosa en 1915 si que participaron na Segunda Guerra Mundial, pero do mesmo xeito que os seus predecesores tamén
    foron fillos dos participantes da Primeira Guerra e tamén creceron na década de 1920 caracterizada pola súa prosperidade e optimismo. Fo-
    ron moldeados pola Gran Depresión e foron os principais participantes na Segunda Guerra Mundial e na actualidade é moi reducido o nú-
    mero de persoas que a conforman.

    A xeración silenciosa ou silente (nacidos dende 1928 ata 1948)
    Son persoas que naceron en épocas onde se levaron a cabo os conflitos bélicos a gran escala. A guerra civil en España e a Segunda Guerra
    Mundial son uns dos fenómenos históricos que se utilizan para delimitar o momento en que empezan a aparecer os primeiros individuos que
    pertencen a esta xeración.
    Como xeracións humanas os silenciosos caracterízanse por unha actitude estoica e discreta, un detalle que establece unha diferenza abismal
    destes individuos co modo de pensar e actuar das xeracións máis recentes como Millennials e xeración Z. Psicoloxicamente, esa actitude tan
    pasiva das xeracións sociais de comezos dos anos 30 pode ser explicada con facilidade se se analiza con detemento as condicións sociais e
    políticas da época en que naceron. Durante a segunda guerra mundial a taxa de mortalidade infantil era bastante alta, isto axúdalle a com-
    prender aos sociólogos e antropólogos modernos a razón por que estes individuos son percibidos como máis pasivos politicamente que o
    resto das xeracións sociais.
    A xeración dos Baby Boomers (nacidos desde 1949/1957 ata 1968)
    Esta xeración foi chamada así debido ao aumento no número de nacementos durante ese período, debido á estabilidade económica e social
    despois da Segunda Guerra Mundial. Os Baby Boomers son coñecidos por ser unha xeración moi activa na política e na cultura. Son moi
    traballadores e cren que o traballo duro dá os seus froitos e conduce ao éxito. Ademais, teñen un gran impacto na sociedade e a economía a
    medida que envellecen.
    En España considérase que a xeración de Baby Boomers agroma sobre o ano 1957 que é cando o país experimentou unha subida nos índices
    de natalidade.
    A xeración X (nacidos dende 1969 ata 1980)
    Coñecida popularmente como a xeración esquecida ou tamén como a «xeración sándwich», a xeración X considérase a «ponte» entre os
    Baby Boomers e os Millennials.
    Son coñecidos por ser prácticos, realistas, independentes, autosuficientes e adaptables, cunha forte ética do traballo. Tamén tenden a ser máis
    escépticos coas institucións e as figuras de autoridade que as xeracións anteriores. A xeración X tamén é coñecida por ser a primeira xeración
    que creceu con computadores persoais e Internet, o que lles dá unha perspectiva única da tecnoloxía e o seu papel na sociedade.
    Cun baixo índice de natalidade, a xeración X é unha das xeracións humanas que viviu cambios históricos moi transcendentais dentro de cada
    país en particular: a guerra de Vietnam, o fin do Franquismo en España, o xurdimento dalgúns réximes ditatoriais nalgúns países de Centro
    América ...
    A xeración dos Millennials ou xeración E (nacidos dende 1981 ata 1996)
    Caracterízanse por ser nativos dixitais, crecer nun mundo con acceso a internet e tecnoloxías móbiles. Son considerados como a xeración
    máis educada e informada da historia. Os Millennials tamén se distinguen polo seu enfoque na diversidade, a inclusión e a sustentabilidade, e
    polo seu enfoque na vida laboral e persoal equilibrada. Con todo, tamén enfrontaron desafíos económicos significativos, como a crise finan-
    ceira de 2008 e un mercado laboral cada vez máis competitivo.
    A era dixital e os avances que esta trouxo consigo en canto á fabricación e comercialización de produtos é o fenómeno global que deu orixe a
    esta xeración.
   1   2   3   4   5   6   7